Cervo, 14 de xullo de 2020. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosouse esperanzado no día de hoxe logo de coñecer este mediodía, da man do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, os datos actualizados da evolución do brote de COVID-19 na Mariña que confirman un descenso notable dos casos activos -21 positivos menos, 163 casos activos no día de hoxe-.
O rexedor apuntou que son datos que debemos asumir con cautela e con responsabilidade e sen relaxar en ningún momento as medidas de prevención que son fundamentais para evitar a propagación do virus.
A espera de que se poida confirmar nos próximos días esa tendencia positiva tal e como todos agardamos, “temos que poñer en valor o gran traballo feito nestas semanas polo profesionais sanitarios e pola propia consellería, porque estes datos sempre analizados coa prudencia que require a situación, constatan que as medidas que se tomaron para conter o brote foron e están a ser as axeitadas”.
Villares quixo agradeceu así mesmo ao conselleiro e a todos os profesionais que o acompañan en cada videoconferencia “que nos manteñan puntualmente informados da evolución do brote a través dunha videoconferencia diaria na que participamos todos os rexedores da bisbarra; tamén destacou a realización de numerosas PCR – máis de 3.500 a día de hoxe- como factor clave “para poder acoutar o brote”.
O rexedor cervense agarda que canto antes e sempre baixo criterios médicos, se poida confirmar esta tendencia positiva –en Cervo hai un caso activo- “que nos permita recuperar esa nova normalidade tan necesaria para moitos pequenos empresarios, para moitas familias que o están a pasar realmente mal con esta crise”.
O alcalde tamén lamentou que a bisbarra se convertese no foco mediático a nivel nacional estes últimos días a raíz do brote de COVID-19; e considerou do mesmo xeito “desafortunados” os comentarios vertidos e as palabras, nalgún caso, temerarias, que alarmaron máis do necesario; sen medir os danos colaterais que podían provocar na economía das nosas vilas que viven en boa parte dos seus potenciais turísticos; e que esperemos que non condicionen en ningún caso o que nos queda de verán.
Villares recordou que é imprescindible continuar respectando todas as medidas de seguridade; e tamén afondou na importancia de ser solidarios os uns cos outros para entre todos poder rexurdir canto antes desta crise.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



