Foz, 20 de agosto de 2020. A 35ª edición da Feira do Libro de Foz celebrarase de xoves a domingo, na Praza Conde de Fontao. Foi presentada na Casa da Cultura focense nun acto que contou coa participación do alcalde, Fran Cajoto, quen destacou a aposta do Concello pola cultura”. Tamén interviñeron a xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo, María José Gómez; o responsable de Publicacións da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Xan Ramiro Cuba; e a libreira focense Cielo Fernández, como representante da Federación de Librarías de Galicia.
O rexedor municipal destacou que “desde sempre, por parte de todas as corporacións locais, Foz aposta pola Feira do Libro, polos libreiros, pola cultura, por un medio que nos trouxo en época de Covid, en marzo, unha oportunidade de viaxar dunha forma distinta, que é viaxar cos pensamentos, coas imaxes, co noso maxín, ao fin e ao cabo, e evadirnos desa negatividade que había nun momento complicado; e espero que trouxera novos lectores, que é fundamental e é tamén o que deben traer as feiras do libro: achegalo á xente, que sexa unha escusa para mercar esa fábrica de soños e para que tanto os nenos como os maiores non enganchemos á lectura”.
Fran Cajoto tamén salientou que para a Feira do Libro focense “está é a 35ª edición, é a decana na Mariña e na provincia de Lugo e da que estamos moi orgullosos”.
A libreira focense Cielo Fernández explicou que a feira “vaise celebrar dende o xoves 20 ao domingo 23 de agosto, o penúltimo fin de semana de agosto, como ven sendo habitual en Foz. E o horario da feira, tamén coma sempre, vai ser de 5 e media da tarde ata as 10 da noite. A inauguración será o mesmo xoves que abre a feira ás 7 da tarde e correrá a cargo da poeta de Foz Natalia Alonso. Este ano as actividades que normalmente estamos habituados a ver durante a feira, como as presentacións ou as actividades infantís, non se poden desenvolver polas condicións sanitarias porque o protocolo é moi estrito e non o permite. Pero si vai haber presenza de escritoras e escritores, que estarán asinando nunha caseta especialmente acondicionada, para a seguridade tanto deles como dos visitantes”.
A representante da Federación de Librarías de Galicia engadiu que están “moi ilusionados con poder facer esta feira, un ano máis, a pesar das dificultades, pero é unha cita importante pola que a xente me pregunta habitualmente”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



