Lugo, 7 de agosto de 2020.- A Xunta vén de informar esta semana ás entidades beneficiarias da resolución da convocatoria de axudas para 2020 do Plan Específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais.
As achegas do Goberno galego no marco desta orde supuxeron un investimento de 94.400 euros para seis entidades dos concellos de Mondoñedo, A Pontenova e Riotorto, que é o municipio da provincia con máis asociacións beneficiadas. En todos os casos obtiveron o 100% do orzamento solicitado.
No cómputo provincial distribuíronse 379.000 euros entre 29 asociacións. En Riotorto obtiveron apoios catro entidades veciñais; tres nos de Quiroga e Lugo, e dúas no Incio e Vilalba. Tamén se financiaron proxectos asociativos nos concellos de Baleira, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito, Friol, Guntín, Láncara, Outeiro de Rei, Pantón, A Pobra do Brollón, Sarria, Sober e Xermade, ademais dos citadas en Mondoñedo e A Pontenova.
O 83% do orzamento está destinado a obras e o resto á adquisición de equipamentos. Entre as primeiras figuran traídas de auga e sobre todo, acondicionamento de locais sociais para uso comunitario e das súas instalacións anexas.
No conxunto de Galicia, a Administración autonómica destinará a 190 asociacións o orzamento de 2,5 millóns de euros reservado para as axudas deste exercicio, o que supón un incremento do investimento nun 70% respecto ao ano pasado.
As asociacións beneficiarias nesta orde poderán realizar a través destas subvencións obras de rehabilitación e acondicionamento nos seus locais e adquirir novos equipamentos cos que levar a cabo as súas actividades e a prestación de servizos aos veciños. Ademais, poderán mellorar o abastecemento de auga dalgúns núcleos .
A Xunta financia mediante as axudas deste plan actuacións que contribúan a satisfacer as necesidades e demandas da veciñanza e redunden na mellora do benestar dos cidadáns e da calidade de vida local. Desta forma, renova a súa aposta por fomentar o asociacionismo e a dinamización do movemento veciñal.
A contía deste ano con máis de 2,5 millóns de euros é a máis elevada xunto coa de 2016, cando se iniciou esta liña de subvencións. Neste período o Goberno galego leva investido no plan específico de acción comunitaria 10 millóns de euros.
Para as entidades veciñais e as organización de mulleres rurais, o plan conta cunha liña de subvencións para obras de mellora dos inmobles da súa titularidade ou sobre os que teñan dereito de uso; e outra para a compra de equipamentos. Pola súa banda, as comunidades de usuarios de auga poden obter axudas a través deste programa para a execución de obras de reparación e mellora de traídas veciñais de auga.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



