Viveiro, 6 de agosto de 2020. Hai entre os veciños de Covas algúns que sospeitan que se hai algunha razón para que o Concello de Viveiro non repare o acceso á igrexa parroquial de Covas ten que estar baseada en criterios ideolóxicos; hai quen sospeita tamén que o goberno municipal mantén a citada vía no estado no que se atopa precisamente porque da servizo ao templo. O mal estado desta vía xa foi obxecto dunha iniciativa municipal do PP en decembro do ano pasado; de nada serviron os argumentos expostos polos populares e o Concello, presidido pola socialista María Loureiro, non fixo aínda mellora algunha. O PP insiste: é necesario que o goberno municipal abandone a zona de confort na que está instalado e atenda as necesidades dos veciños e, en concreto, repare o acceso á igrexa parroquial de Covas.
O grupo municipal popular, que ten por portavoz a Óscar Rodríguez, destaca que esta vía que dá acceso á igrexa de Covas é moi transitada. Os veciños quéixanse de que a calzada é unha sucesión de fochancas, que fai moi incómoda, e nada segura, a circulación de vehículos a motor; para os peóns resulta sumamente molesto camiñar por esta vía debido ao mal estado do pavimento. Rodríguez di: “É unha falta de respecto aos veciños que o Concello non repare o pavimento do acceso á igrexa parroquial de Covas”.
Os concelleiros populares sinalan: “Sen maior motivo para presumir de resultados electorais, como se viu nas pasadas autonómicas, á alcaldesa gústalle dicir ao noso grupo: “A ustedes se les quejan y a mí me votan”. Pois mire, se nos dan as queixas pola súa deficiente xestión é porque os veciños padecen moitos problemas que debe resolver o Concello, gobernado por María Loureiro, e non resolve. En canto á cuestión dos votos, recomendámoslle que mire ben os resultados e saque conclusións. Pero, de momento, nós facémonos eco das queixas dos veciños e reclamamos de vostede e do seu goberno que amañe o acceso á igrexa de Covas. E cando chegue o momento que decidan os propios veciños quen estivo con eles e quen gobernou contra eles”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



