Viveiro, 3 agosto de 2020. A renovación dos servizos e do pavimento dunha rúa é sempre unha boa noticia para a poboación na que se levan a cabo as obras, aínda que, durante a súa execución, provoquen algunhas molestias. En Viveiro, din os concelleiros do grupo municipal popular, é unha boa noticia a da próxima reforma da rúa Arribada, que se poderá levar a cabo grazas ao Fondo de Compensación Ambiental da Xunta.
As obras en Arribada foron adxudicada por un importe de 77.561 euros á empresa Carferlo que dispón dun prazo de tres meses para rematar as obras. A intervención corre por conta, na maior parte, da Xunta que achega o 90% do orzamento da man do Fondo de Compensación. O resto é aportación do Concello de Viveiro.
Os concelleiros populares destacan que “a práctica totalidade do orzamento procede do Fondo de Compensación” e agradecen á Xunta esta aportación para unha obra que mellorará a calidade de vida dos veciños que residen na propia Arribada e de todos os que teñen que transitar por esta vía.
As obras inclúen a renovación da rede de subministro de auga e do saneamento, así como o soterramento do cableado eléctrico.
O novo pavimento da rúa será de losetas de granito gris abullardado, é dicir, co mesmo criterio do utilizado para o resto do núcleo de Celeiro.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



