Burela, 4 agosto 2020. Esta mañá vimos de ler unhas declaracións do concelleiro de Obras e Servizos nos medios de comunicación no que anuncia que o Concello fará o seguimento dos traballos da empresa adxudicataria da limpeza municipal a través dunha firma auditora. A este respecto valoramos positivamente todo aquilo que contribúa a cambiar a faciana de “semi-vertedoiro” que é actualmente o noso concello, pero lembrámoslle ao señor Fernández Rey que non compre dispoñer dunha empresa auditora para decatarse do estado no que se atopa Burela. Simplemente basta con saír á rúa e camiñar por calquera barrio ou zona do nosos termino municipal.
Falta de limpeza
Dende esta asociación queremos denunciar a falta de limpeza das rúas, áreas verdes e beirarrúas do casco urbano; así coma o nulo mantemento dos camiños, cunetas e sendas verdes do municipio, onde a maleza é un perigo sobre todo agora no verán, época de incendios.
Compre lembrar que os aproximadamente 10.000 habitantes que vivimos en Burela temos o privilexio de gozar de camiños rurais, zonas verdes, paseos marítimos, áreas recreativas e sendas verdes nos ao redor dos 8.000 metros cadrados de extensión do nosos concello. Todas estas infraestruturas foron moi utilizadas polos veciños e veciñas durante o confinamento e a pasares diso, o Concello nin sequera fixo arranxos ou limpeza de tipo preventivo.
As cunetas teñen moita broza e lixo acumulado porque en todo este tempo non existiu un mantemento regular, o que provocou que os camiños e sendas verdes amosen un estado deplorable.
Casco urbano
O nulo mantemento das rúas, beirarrúas e zonas verdes do noso casco urbano tamén é máis que evidente: Restos de envases, cartóns, cabichas e todo tipo de plásticos tirados ou herba seca no lugar de céspede nas áreas verdes é algo que prolifera en calquera punto do municipio.
Tamén queremos puntualizar que, as restricións en cuanto a limpeza derivadas da crisis do coronavirus no son escusa. Esta situación ven de moito antes, o que contrasta co slogan oficial utilizado polos nosos responsables municipais: “Burela Bonita”. Na nosa opinión, o nomeado slogan non deixa de ser unha ironía vendo o que se pode ver cando camiñas por calquera espazo público do nosos concello.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



