Burela, 30 de setembro de 2020. A Concellería de Medio Ambiente organiza obradoiros gratuítos para os nenos e nenas de Burela en horario extraescolar durante o curso 2020/2021. Serán os venres na praza de abastos. Están destinados para o alumnado de infantil e de primaria e serán impartidos polas monitoras de Gaia.
A edil Toñi Eijo explica que “durante o curso 2020/2021 imos ofertar obradoiros organizados polas monitoras de Gaia en horario extraescolar. Contaremos con obradoiros de manualidades, reciclaxe, talleres de cociña…, que terán lugar os venres. Así neste mes de outubro, que está a piques de comezar, teremos o día 9 un obradoiro de pousavasos, o día 16 manualidades con follas, o 23 manualidades con ramas e o 30 manualidades de Samaín”.
A concelleira de Medio Ambiente subliña que “faremos dúas quendas, a primeira será ás 17 horas e a segunda ás 18:30 horas. A duración de cada obradoiro será dunha hora e levaranse a cabo na Praza de Abastos. O número de prazas para cada grupo será de 10 nen@s. Para participar nestes obradoiros, dirixidos a nen@s de Infantil e Primaria, hai que apuntarse chamando ao 647136673 ou na oficina de Gaia sita na Praza de Abastos”.
Eijo engadiu que “os obradoiros son gratuítos e ademais do rango de idade, será requisito para poder disfrutar deles estar empadroado no noso concello. Tomaremos todas as medidas precisas para evitar na medida do posible contaxios de covid19: uso de máscaras obrigatorio, limpeza de mans, desinfección do material, medición da temperatura, ventilación do local…”.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



