Burela, 3 de setembro de 2020. A Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, de Burela, bota o peche e faino cun balance moi positivo tras ampliar nunha semana a súa duración para facilitar a conciliación familiar e a adaptación de péquenos á volta ao cole. Esta nova edición arrincou o 22 de xuño e concluirá este venres, 4 de setembro.
Durante este verán a Escola de Minitalentos acolleu a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 11 anos, en horario de luns a venres de oito da mañá a tres da tarde, axudando aos pais para conciliar mellor a vida familiar e laboral, algo clave que se reflicte nos bos resultados que obtiveron durante estes meses.
Agora, tras engadir unha semana ao calendario oficial exposto nun inicio, a Escola de Minitalentos espera axudar aos pais para conciliar os seus novos horarios e a preparar aos nenos para unha volta ao cole inminente, clausurando esta edición mañá venres, 4 de setembro.
Os nenos participantes tiveron a oportunidade de volver compartir experiencias cos seus compañeiros e profesores e crear un hábito de volta ás actividades educativas, que se viron suspendidas por mor da COVID-19, fomentando a súa creatividade, talento e desenvolvemento persoal, así como o hábito de lectura, entre outras moitas actividades. Así, os máis pequenos están preparados para a volta ao cole, sen perder durante o verán o hábito do estudo nin as experiencias de aprender cos seus compañeiros.
Grazas a un programa que contou con actividades de reforzo, programas de intelixencia emocional, musical ou expresión corporal, a Escola de Minitalentos pecha esta edición “con un balance muy positivo y con un gran éxito de participación en un verano marcado por la pandemia del COVID-19, pero a la que la Escuela supo hacer frente con todas las medidas de seguridad e higiene. Estamos muy satisfechos tras conseguir nuestros objetivos este verano y esperamos que el año que viene las familias vuelvan a confiar en nosotros durante el verano”, sinalou Becky Hermida, directora de Academia A Mariña.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



