Viveiro, 2 de setembro, 2020. Por iniciativa da portavoz municipal do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, todos os grupos da oposición de Viveiro asinaron esta mañá, unha moción conxunta para o impulso do cumprimento das iniciativas dos grupos da oposición aprobadas nos plenos da corporación municipal de Viveiro.
Primeiro. O 15 de xuño de 2019 celebrouse o pleno de constitución da última corporación municipal de Viveiro resultante das eleccións locais que tiveron lugar o 26 de maio de 2019, no cal foi elexida por maioría simple como alcaldesa deste concello, a socialista María Loureiro.
Segundo. O pleno, tal e como se recolle no artigo 122.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, é o órgano máximo de representación política da veciñanza no goberno municipal.
Terceiro. Desde a data 15 de xuño de 2019 na que deu comezo o mandato 2019-2023, os diferentes grupos políticos da oposición que compoñen a corporación municipal veñen presentando a debate nas sesións plenarias do Concello para a súa aprobación múltiples mocións co obxecto de contribuír a mellorar a prestacións de servizos públicos e a calidade de vida das súas veciñas e veciños, e a pesares que só algunha das moitas iniciativas propostas a través das mocións debatidas foron aprobadas pola corporación municipal, o goberno do PSOE non foi nin é quen de poñer en marcha e/ou executar a maioría destas iniciativas, acabando no caixón do olvido da alcaldía de Viveiro.
Cuarto. A alcaldesa de Viveiro, ten atribuídas entre as súas funcións e obrigas a de ordear a publicación, a execución e a de facer cumprir os acordos do concello, segundo o estabelecido no artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local e o artigo 41 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, polo que se aproba o regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais.
Quinto. A alcaldesa do concello de Viveiro, a pesares da súa obriga legal para facer cumprir os acordos plenarios, està a incumprir co desenvolvemento das iniciativas dos grupos da oposición aprobados en pleno, e polo tanto, està a non tomarse en serio o mandato da maioría das veciñas e veciños de Viveiro que representa o Pleno da corporación municipal.
Por todo o anteriormente exposto, o grupos municipais do BNG, Son Viveiro, Por Viveiro e PP solicitan ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes ACORDOS:
1.O Goberno Municipal levará a cabo o cumprimento riguroso da execución dos acordos das mocións presentadas polos grupos da oposición que xa foron, e podan ser no futuro, aprobadas polo pleno da corporación de Viveiro desde o inicio do mandato 2019/2023.
2.O goberno municipal manterá informado mensualmente á corporación municipal sobre o estado de desenvolvemento dos acordos das mocións aprobadas en pleno.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



