Ribadeo, 2 de setembro de 2020. ACISA Ribadeo lanza unha nova campaña que dará comezo mañá, 3 de setembro, e que está enfocada a atraer aos clientes habituais tanto do municipio como das comarcas da Mariña e do occidente asturiano. Os establecementos participantes ofrecerán importantes descontos e promocións os días 3, 4, 5 e 6 de setembro.
O xerente de ACISA, Jesús Pérez, explicou que “esta nova iniciativa comercial e hostaleira chámase Veciñ@s, estamos list@s, queremos que volvas, e busca atraer de novo aos clientes de sempre. Agora que xa rematou a tempada alta de turismo, Ribadeo volve ter o ambiente habitual e volvemos ser os de sempre. Por iso cremos que é bo momento para dicirlles aos ribadenses e aos veciños da Mariña e do Occidente de Asturias que estamos listos para que volvan, para mercar de cara á volta ao cole, mercar para facer agasallos, mercar para a nova tempada outono-inverno, que os agardamos para tomar un café ou un viño na bar da esquina, nos locais de sempre, ou ben desfrutar dunha comida ou cea en familia e cos amigos”.
Jesús Pérez dixo que “afianzar a confianza do consumidor local é vital para que, nestes próximos meses que van ser duros, os nosos comerciantes e hostaleiros saian adiante. Isto só o conseguiremos cos nosos veciños porque son, sen dúbida, os que sustentan a economía local ao longo e todo o ano”.
O presidente de ACISA, Francisco Iriarte, sinalou que “moitos socios, tanto do comercio como da hostalería, detectaron unha falta de clientela habitual, especialmente no mes de agosto. Todos o achacamos ao mesmo, a que a xente tiña recelo, tiña medo a saír, porque lles parecía que había moita xente de fora. Por iso, e tras consultar cos socios, pareceunos necesario dicirlles aos nosos clientes que seguimos estando aquí e que os queremos e que os necesitamos para seguir adiante. Para demostrárllelo facemos estes catro días de ofertas para eles, para os nosos veciños e veciñas”.
Francisco Iriarte subliñou que “posteriormente, dende o día 7 de setembro e xa sen descontos, seguiremos traballando para afianzar a confianza de veciños e veciñas cos nosos negocios e que volvan porque o comercio de Ribadeo non se concibe sen os seus clientes de sempre, sen os seus veciños, sexa verán ou inverno son a nosa prioridade”.
Nesta campaña participan preto de 50 establecementos comerciais e de hostalería nos que se poderá desfrutar de descontos de ata un 60%, prezos especiais e promocións para a volta ao cole, en informática, 2×1 en moda, prendas con prezos reducidos a 5, 10, 15 e 20 euros, zonas outlet, menús e racións especiais, menús degustación, tapas e moito máis.
Os establecementos comerciais que participan nesta iniciativa de ACISA son: La Moda Sport, Platería Gutie, Sanjurjo, Esprit, La Moda Mujer, La Moda Básico, Óptica Miró, Mika, Ginzo Hombre-Mujer, Phonergy, Julia, Dandara, Bis a Bis, Naná, La Moda Joven, Opticalia, Coco, Jatay, Joyería Azabache, Adele, Glass, La Coqueta, Saia, Bora Bora, Farfala, Boutique Valentina, Boutique Del Río, Anais, Xardineo, Mercería Torviso, Pepa Peineta, Beep Ribadeo, Folder, Susana Moreira, Sendín Electricidad, Pequerrechos, Boutique Pippol´s e Deportes Docobo.
E os hostaleiros son: La Solana, Delicates, Breogán, O Tumbín, La Botellería, Goiás, La Lira, O Cabazo, Javier Montero, Galicia, O Indiano, Mareta, Cayo Coco e Araucaria.
Todas as ofertas pódense consultar no facebook de ACISA e na súa páxina web, www.acisaribadeo.es. E tamén na APP Ribadeo Cerca de Ti.
Gañadores de dúas tablets.
ACISA Ribadeo sorteou hoxe dúas tablets de última xeración entre os usuarios da súa app, que se rexistraron no mes de agosto. Os gañadores foron: Suso Lopez Cabarqués e Marcos Rivas Gil. Os afortunados poderán recoller o premio dende hoxe e ata o venres 11 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, nas oficinas de ACISA, que están situadas na rúa San Roque 57-Baixo.
O xerente de ACISA, Jesús Pérez, indicou que “a app xa ten 500 usuarios e segue cun bo ritmo de descargas. Estamos moi satisfeitos porque a resposta da cidadanía foi moi boa”.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



