Burela, 29 de setembro de 2020. O alcalde burelés, Alfredo Llano, agarda asinar un convenio con Portos de Galicia para xestionar e embelecer dúas rotondas de acceso ao porto. Deste asunto falou coa presidenta do ente, Susana Lenguas, esta mañá.
O rexedor contou que “entre outras cousas expúxenlle a necesidade de facer un convenio para xestionar as rotondas do acceso ao porto, obra que está perfectamente integrada e foi unha axuda extraordinaria para o concello de Burela. E hai dúas rotondas, unha delas é a que primeiro se atopa vindo de Foz e é para acceder ao porto e tamén a Burela directamente. Queremos xestionala para preparala e axeitala acorde á importancia do noso concello, queremos que chame a atención e sexa bonita. E hai outra rotonda no propio porto, de acceso a ABSA e a outras instalacións portuarias”.
Llano dixo que “faremos un convenio con Portos, entidade coa que imos intentar chegar a un acordo rapidamente para ter, se é posible, antes de que remate o ano estas dúas rotondas ben preparadas”.
O alcalde seguiu a relatar que “tamén levaba outra cuestión, que é aproveitar un espazo que ten Portos na rúa do Porto, que está detrás dunhas naves de armadores e da Capitanía Marítima. É grande e está moi ben situado polo que queremos chegar a un acordo para facer un convenio que permita utilizalo como un espazo público para a veciñanza de Burela. Pero agora vai ser difícil dada a actividade que teñen nese espazo: hai unha serie de naves e mercancías e produtos que ten que manexar Portos e polo tanto en principio non se pode empregar como tal espazo público. Pero si vamos tratar de que o adecúen e o preparen para mellorar a súa estética. Desde Portos teñen ese compromiso e, se non se pode facer un convenio, van procurar mellorar aquel espazo para que se vexa máis estético e acorde co que pretendemos no concello de Burela”.
A práctica deportiva da pesca tamén estivo presente na reunión desta mañá entre Alfredo Llano e Susana Lenguas: “outro tema do que falei coa presidenta de Portos é a posibilidade de habilitar un espazo para a práctica deportiva da pesca. O que me dixo foi que agora están pensando en crear un espazo específico para iso, sobre todo para a pesca da lura, que é o que se fai no porto de Burela. Están mirando e dirannos algo para ver como se pode habilitar un espazo para esta práctica deportiva da pesca”.
Ao igual que con Augas de Galicia o rexedor burelés levou ao encontro con Portos o criadeiro de salmóns: “ademais falamos das garantías de uso para o criadeiro de salmóns. Eu penso que están pola labor de favorecer esta iniciativa empresarial pero hai uns trámites e uns períodos de tempo que hai que garantir e esperar. Un dos procedementos que ten que facer agora esa empresa é solicitar o permiso para instalarse no porto e Portos debe informar publicamente por se alguén máis está interesado en ocupar ese terreo. Eses trámites levan o seu tempo, pero están mirando de apurar para que esa instalación se poida levar adiante”.
O alcalde de Burela engadiu: “tamén tratamos sobre a instalación de fibra óptica na nave de redes, onde se fai Expomar, Produart e outras actividades importantes para o concello e tal é como están as cousas agora na cuestión dixital é moi necesario dotar do máximo potencial para traballar a través de internet. Por tanto expúxenlle que é necesario e que hai unha petición clara das empresas que veñen a Expomar de dotar as instalacións da nave de redes dunha funcionalidade clara respecto a internet. E vamos mirar a mellor fórmula para solicitar a instalación de fibra óptica na nave de redes”.
Llano contou que “estivemos falando tamén da posibilidade de que as embarcacións recreativas poidan ter cabida no porto de Burela e hai un proxecto a longo prazo para favorecer que as instalacións portuarias sigan medrando e conten con máis capacidade e con mellores servizos e prestacións. Comentamos que a singularidade do porto de Burela é moi importante, ten unha categoría extraordinaria e é fundamental para o noso concello, polo que van levar para adiante todo aquilo que sirva para favorecer que cada vez teña máis capacidade de funcionamento en todos os aspectos”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



