Barreiros, 4 de setembro, 2020. A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, visitou na tarde de hoxe a zona de Remior, onde o goberno municipal lle trasladou a necesidade de renovar a rede de abastecemento de auga potable.
Na visita a alcaldesa, Ana Ermida, acompañada de parte do equipo de goberno, explicoulle que a rede que abastece dita zona ten máis de 60 anos e se atopa nun estado lamentable, polo que se producen continuas roturas que afectan ao abastecemento da zona. “Ademais da problemática que pode existir en calquera zona, en Remior concéntranse aínda varias explotacións gandeiras que sofren continuos problemas de abastecemento, polo que a incidencia cando hai cortes ou roturas é aínda máis importante, pola necesidade de contar con auga potable que teñen os animais”, explicou Ana Ermida.
Mónica Freire trasladou o compromiso da área de medio rural da Deputación para colaborar co Concello de Barreiros na renovación da traída de auga potable, xa que “se os problemas que poidan existir na rede de abastecemento de auga potable teñen unha importancia crucial no referido á vida normal de calquera persoa e/ou familia, contar con un subministro estable e de calidade en explotacións agrarias de vacas é fundamental para o propio desenvolvemento da actividade.”
Desde o Concello sinalan que “a situación xeográfica de Remior e o feito da elevada presión urbanística que ten sufrido a rasa costeira do municipio coa existencia de numerosas residencias vacacionais que son ocupadas só en momentos puntuais, provoca que os cambios de presión que soportan ditas canalizacións de auga potable con motivo do cambio de consumo da mesma, sometan á rede a un constante movemento de contraccións que, debido á antigüidade e material, non é capaz de soportar; provocando un elevado investimento en arranxos de roturas que só parchean o problema e, mesmo en ocasións, son causa de posteriores avarías que afondan na problemática.”
O custo da renovación de dito tramo é superior aos 200.000 euros polo que “dito investimento é inasumible para o Concello en solitario, por iso decidimos solicitar a axuda á institución provincial, convencidas de que existe un compromiso inequívoco de cooperación e axuda co Concello de Barreiros e de que a solicitude será atendida na medida das posibilidades”, asegura Ermida.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



