Sarria, a 5 de setembro de 2020. Seguindo a rolda de reunións coas agrupacións locais, a presidenta provincial do PP e deputada autonómica, Elena Candia, mantivo un encontro, na tarde-noite do venres, con interventores, apoderados e colaboradores do partido en Sarria. A popular quixo, deste xeito, agradecer o esforzo, entrega e traballo que estes voluntarios realizaron nas pasadas eleccións autonómicas, e que permitiu que Alberto Núñez Feijóo voltase a ser investido presidente da Xunta de Galicia por cuarta vez consecutiva.
Concretamente, neste municipio o PP acumulou o 55,01% dos votos, case tres puntos porcentuais máis que en 2016. É dicir, máis de 3.600 sarrianos avalaron co seu voto un goberno “que xa demostrou que, fronte ás dificultades, ofrece rigor, seriedade e seguridade aos cidadáns”, remarcou Candia.
“Conquerir a alcaldía”
A máxima responsable do PP na provincia puxo así en valor a importancia do resultado acadado na provincia e en Sarria, en particular. “Os lucenses e os sarrianos dixeron si a Feijóo, conseguindo que o mellor resultado que se acadou en Galicia fose o da nosa provincia”. Por iso, salientou: “temos que seguir na mesma senda, sen desperdiciar nin un só segundo e traballar porque o que toca agora é, dixo, reorganizarnos nesta agrupación para conquerir a recuperación da alcaldía”.
Neste labor, “no que todos sumamos e ninguén sobra”, Candia tamén expresou a súa colaboración para traballar neste obxectivo, “xa non só como presidenta e compañeira, senón tamén como deputada”. “Ábrese un novo escenario e debemos xestionalo ben”, sobre todo, engadiu, “porque non vai ser sinxelo debido ao virus que, lamentablemente, neste municipio tamén está a ter consecuencias sanitarias e económicas”.
A popular volorou así o traballo “de tantas e tantas persoas que nos axudaron e que apostaron por un líder que non só goberna, senón que xestiona; xusto o que España, Galicia, Lugo e Sarria necesitan nestes momentos”.
“Pezas fundamentais”
Pola súa banda, o voceiro do Grupo Municipal e deputado provincial, José Antonio García, indicou que “temos a base para seguir traballando”, e fixo tamén un recoñecemento público aos asistentes que definiu como “pezas fundamentais na estrutura do PP de Sarria”.
García aproveitou tamén a ocasión para porse a disposición da presidenta provincial na nova etapa como deputada autonómica. “Coñezo ben a Elena, xa non só dende o partido, senón que fomos compañeiros na Deputación e sei de como procurou sempre o mellor para os concellos. Estou convencido que os intereses de Sarria estarán presentes na mesa do Parlamento porque ela se encargará de que así sexa”, afirmou.
Semana intensa
Con Sarria, a presidenta provincial remata así o traballo desta semana que incluíu tamén reunións co voceiro do PP en Trabada e co Grupo Municipal de Alfoz.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



