Madrid, 28 de setembro, 2020. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e o Vicepresidente Segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde Lópezreuníronse telemáticamente con representantes das federacións sindicais de UXT- FICA, CCOO de Industria e CIG, aos que trasladaron a decepción de ambos os Gobernos ante o que consideran como mala fe de Alcoa, que decidiu romper as negociacións para vender á británica Liberty House apenas unha hora antes de que finalizase o prazo establecido para chegar a un acordo.
A compañía norteamericana ten rexeitado sistematicamente todas as ofertas que se puxeron sobre a mesa nas últimas semanas, tanto desde
o comprador interesado, Liberty House, como do propio Goberno de España, que estaba disposto a comprar temporalmente a planta a través da SEPI, para vendela inmediatamente a continuación aos británicos de Liberty.
Esta última posibilidade xurdiu por mor de que Alcoa rompese as negociacións directas con Liberty o pasado martes. Tratábase dunha operación nova e impecable, que cumpría todos os requisitos legais tanto españois como a nivel comunitario.
Tanto Maroto como Conde emprazaron a Alcoa a, antes da reunión de hoxe luns ás 9.30 horas, “reflexionar sobre as consecuencias que a súa decisión terá para os seus traballadores, as súas familias e a comarca da Mariña no seu conxunto”, e aceptar algunha das solucións que o Goberno lle ha ofrecido para salvar os postos de traballo da factoría de Lugo.
Ambas as administracións mantiveron desde o principio que si é posible alcanzar un acordo que dea continuidade á produción de aluminio primario na planta e aos postos de traballo. Non existen argumentos que poidan xustificar unha decisión que prexudica a todas as partes, especialmente aos traballadores e traballadoras de Alcoa San Cibrao e da industria auxiliar.
O Goberno e a Xunta seguirán traballando para chegar a un acordo que garanta os postos de traballo e as capacidades produtivas da planta, co obxectivo de que non se pare a produción.


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



