Lugo, 30 de setembro . A área de Deportes promove a novena edición do premio Volante Deputación, que se celebrará os vindeiros 3 e 4 de outubro do circuito da Pastoriza e que pretende achegar a afeccionados e afeccionadas ao rallie ás probas de competición.
O programa, que presentaron esta mañá o deputado de Deportes, Efrén Castro, a tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira e o director de PTC Escuela, Antonio Solórzano, ofrece aos participantes unha parte formativa, na que adquiren e melloran a súa destreza ao volante, e outra puramente competitiva, na que disputan probas cronometradas con coches facilitados pola organización.
O premio para o gañador ou gañadora é a participación no Rallie San Froilán, a bordo dun Dacia Sandero Cup do equipo Trs Racing Team.
O prazo para anotarse manterase aberto ata o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 14.00 horas. O formulario para anotarse pode descargarse na web de PTC Escuela.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, sinalou que “o Volante Deputación se converteu nunha referencia para os afeccionados e afeccionadas ao motor, que teñen nela unha porta de entrada ao mundo da competición automobilística” e destacou a “compoñente formativa do evento” que, recordou, “se celebrará tendo en conta todos os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias”-
Nesa liña, Antonio Solórzano, explicou que “as probas cronometradas se organizarán de forma que se farán grupos máis reducidos do habitual para facilitar o mantemento da distancia social”. O director de PTC Escola amosouse satisfeito pola resposta á convocatoria, “as inscricións van a moi bo ritmo, xa temos máis da metade das prazas cubertas”.
Pola súa banda, a tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira salientou a importancia “de sacar adiante a proba, tomando todas as medidas de prevención precisas” e convidou aos afeccionados e afeccionadas ao motor a anotarse e participar.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
