Mondoñedo-Ferrol, 11 de setembro de 2020. O santuario mariano dos Remedios, en Mondoñedo, centrará a atención diocesana este domingo, 13 de setembro, coa celebración, ás doce do mediodía, da MISA SOLEMNE PONTIFICAL en honra da Santísima Virxe, na súa advocación dos Remedios, patroa da cidade e de toda a Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A cerimonia será presidida polo bispo diocesano, P. Luís Angel das Heras Berzal, cmf, que, coa súa homilía, dará resposta á tradicional ofrenda á Virxe por parte dos antigos partidos xudiciais no territorio diocesano. A ofrenda, que vén realizando desde fai xa oitenta e dous anos, correrá este ano a cargo da alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández.
A celebración non será allea, loxicamente, ás actuais circunstancias. Polo que se observarán todas as medidas vixentes relativas tanto ao aforo permitido como ao medidas socio-sanitarias de protección. Desde o Bispado, rógase a comprensión e colaboración de todos, ao mesmo tempo que se lembra que, tamén, haberá Misa ás 10, ás 11 e ás 13 horas, e xa pola tarde, ás 18 e ás 20 horas.
Na mesma liña, hai que sinalar que para evitar aglomeracións ao redor da imaxe da Virxe, esta permanecerá na súa camerín no altar maior do santuario, é dicir, onde se atopa durante todo o ano. Como xa se comunicou o pasado mes de agosto, o Bispado considera que o máis apropiado, nestes momentos, é a non celebración de procesións, aínda que sexa un sacrificio para todos, tamén para confrarías, portadores e asociacións relixiosas, ás que, con maior motivo, agradécese a súa devoción e comprensión.
Non haberá, pois, procesión ao finalizar a Misa Solemne. Cabe sinalar, aquí, a iniciativa do goberno local de Mondoñedo de instalar unha pantalla xigante na alameda contigua ao santuario, para que todas aquelas persoas que o desexen poidan seguir a Misa coa ofrenda á Santísima Virxe.
Como patroa da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, encomendámonos á nosa Señora (do mesmo xeito que ao noso patrón, San Rosendo) para que xuntos, pois estamos na mesma barca, poñamos da nosa parte o necesario para superar a pandemia e as súas dramáticas consecuencias para tantos irmáns nosos. Virxe Santísima dos Remedios, roga por nós!



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



