Foz, 21 de setembro, 2020. O Concello de Foz adheriuse ao Convenio da Xunta de Galiza coa Fegamp para a coordinación de actuacións no desenvolvemento do programa galego de vixiancia e control fronte á avespa Asiática, mais tivo que suplir as numerosísimas eivas do mesmo. O plan limítase a eliminación de niños polo que o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Foz tivo que facer fronte polos seus medios ao trampeo das raiñas que realmente e o desexable. Grazas a esta decisión propria do Concello, acadamos en Foz unha importante reducción de niño primario, mais non foi abondo. Por que unha vez establecido os niños, as ferramentas que aporta a Xunta no convenio son coma sempre, insuficientes. Nin coordinación nin investimentos. Propoñen a eliminación/neutralización de niños activos de velutina pero sempre que estén situados a menos de 25 metros do chan, pero tamén a realización de actuacións que procedan cun tempo de resolución dos avisos dun máximo de 5 días laborais. Os tempos non se cumpren, e sempre hai atrancos para o acceso os niños especialmente se a área non está desbrozada o que permite a empresa escollida po la Xunta eludir moitos dos avisos. Os servizos de protección civil do Concello deben facer fronte a situacións incribles como a retirada recente dun niño en pleno casco da vila contando co apoio dos parque de Bombeiros da Deputación dado a inacción da empresa da Xunta. Tendo en conta que este insecto afecta principalmente á produción apícola e que tamén ten repercusións sobre a biodiversidade e a seguridade cidadá, semella incrible que estemos ainda regateando cos recursos e tirando os cartos públicos nunha empresa que non cumple coas espectativas.
O GRUPO MUNICIPAL DO BNG PROPON AO PLENO SOLICITAR A CONSELLERÍA DE FACENDA (agora con competencias en Administracións Públicas) que asegure e confirme o axeitado cumplimento do Convenio para control da Vespa Velutina.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



