Barreiros, 24 de setembro de 2020. O Concello de Barreiros e a Asociación de empresarios de primeira transformación da madeira de Lugo, que reúne un importante número de empresas vinculadas ao sector forestal, veñen de asinar un convenio que recolle os compromisos e o protocolo de actuación para a protección do medio ambiente e a conservación das vías municipais.
O texto asinado pola alcaldesa, Ana Ermida, e o presidente da Asociación, Daniel Díaz Ramos, establece a obriga de comunicación e sinalización dos traballos forestais realizados polas empresas asociadas, ao fin de facilitar a labor de seguimento do bo uso dos servizos municipais, especialmente dos camiños e pistas forestais.
Ermida explica que se trata de “iniciar unha senda de colaboración entre o sector empresarial e o Concello para facilitar os traballos forestais, que indudablemente teñen un grande impacto no territorio, e garantir o menor prexuízo dos mesmos nas vías municipais e, de ser o caso, axilizar os mecanismos de reparacións das mesmas.”
O convenio especifica que o arranxo das vías debe realizarse, de ser preciso, nun prazo acordado entre as empresas e o Concello, non podendo producirse dilacións indebidas e inclúe dentro dos traballos forestais tanto a saca de madeira como as pacas de biomasa; comprometéndose a Asociación a realizar as xestións oportunas para o bo fin do acordo.
En base a este acordo, constituirase tamén unha comisión mixta entre Concello e Asociación ao fin de analizar a situación e a resolución de posibles conflitos que poidan existir.
A alcaldesa valorou moi positivamente a sinatura deste acordo pola vontade que se amosa entre as partes de pór solución a posibles problemas que poidan existir, facilitando a convivencia dun sector con gran peso económico no municipio, como é o forestal, con outras actividades que teñen que compartir espazo territorial.
“Somos conscientes da importancia que ten o aproveitamento do monte coa corta e saca de madeira e a necesidade de adaptar as infraestruturas a tal uso, mais non é menos certo que o impacto xerado por dita actividade non pode resultar negativo para o conxunto da poboación; por iso hai que buscar o equilibrio para que os usos sociais e económicos do monte e recursos municipais non sexan incompatibles”, afirmou Ana Ermida.
O presidente da Asociación, Daniel Díaz Ramos, agradeceu a colaboración e disposición do Concello de Barreiros para contribuír a normalizar e mellorar os traballos forestais que se realicen no municipio; beneficiando deste xeito ao conxunto da poboación mediante a implicación de todos os sectores no mantemento das vías municipais.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).