Burela, 4 de setembro de 2020. O vindeiro martes, 8 de setembro, haberá un pleno extraordinario do Concello de Burela, no que se someterá a aprobación unha modificación de crédito destinada á reconstrución dunha grada no campo de herba natural da Marosa e ao arranxo dun perímetro de valado que hai no de herba artificial. O alcalde, Alfredo Llano, dixo que se trata dunhas obras moi demandadas.
O rexedor contou que “o próximo martes imos facer un pleno extraordinario basicamente para dous asuntos a tratar. Un deles é unha modificación de crédito para poder realizar dúas obras moi importantes, moi necesarias e moi urxentes no campo de fútbol de herba natural da Marosa. Hai que facer practicamente a reconstrución dunha grada, que está moi deteriorada polo tempo que xa leva construída e pola proximidade do mar que ocasiona un problema de oxidación e está realmente afectada esa grada e polo tanto hai que facer unha reconstrución case total. Por outro lado, tamén derivado do mesmo problema de oxidación, un perímetro de valado que hai no campo de herba artificial e que está moi deteriorado vaise substituír. Para estas obras, polo seu carácter urxente para que non se deterioren máis e para ter seguridade nas instalacións deportivas, faise unha modificación de crédito e parte dos cartos van saír da liquidación positiva do ano pasado, do superávit, e outra parte da remanente que temos tamén neste Concello”.
Alfredo Llano explicou que “estas dúas obras no seu conxunto ascenden 281.500 euros practicamente, dos cales 242.500 van ser para amañar a grada do campo de fútbol e os outros 39.000 practicamente para cambiar o valado do perímetro campo de fútbol de herba artificial”.
O alcalde subliñou que “isto é algo moi solicitado pola xente que vai alí adestrar e vendo os partidos de fútbol, pero ademais temos documentado con informes técnicos que a necesidade é urxente. Por esa razón fixemos esta modificación de crédito, que está completamente xustificada. E, por outro lado, tamén vamos levar ao pleno unha cuestión relativa á Conta Xeral. Imos iniciar os trámites que marca a normativa para posteriormente aprobar esta Conta Xeral nun pleno máis adiante”.
Este pleno extraordinario vaise celebrar telematicamente o próximo martes, día 8 de setembro, ás 20:00 horas.
Axudas negocios
Por outra banda, Alfredo Llano tamén falou das axudas establecidas para os negocios afectados polo peche ocasionado polo covid-19: “hoxe estamos a 4 de setembro e tendo comezado practicamente o día 1 o prazo de solicitude de axudas derivadas do Covid-19 temos 45 peticións xa cursadas. Hai prazo ata o 17 deste mes e por tanto aquelas persoas, entidades ou autónomos que queiran solicitalas aínda están a tempo”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
