Foz, 30 de setembro de 2020. A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza o Ciclo de Teatro de Outono, cunha programación de teatro profesional para público adulto todos os venres de outubro na Sala Bahía.
Esta actividade foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto Caserío, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen anuncia que “co lema Foz fai cultura as mellores compañías do teatro galego pasarán pola Sala Bahía todos os venres do mes de outubro ás 21.00 horas. O custo da entrada para cada representación será de 5 euros. Respectaranse todas as medidas de seguridade e hixiene esixidas, como ata o de agora se está realizando en todas as actividades organizadas polo Concello de Foz, cunha programación segura”.
Este venres, 2 de outubro, Sarabela Teatro poñerá en escena a súa obra recentemente estreada A lingua das bolboretas, da novela de Manuel Rivas, enmarcada dentro do teatro contemporáneo e cunha duración de 70 minutos. O elenco artístico está formado por: Fran Lareu, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Josito Porto e Elena Seijo. Recoñecida como unha das compañías máis consolidadas de Galicia, Sarabela Teatro leva 36 anos de traballo incesante, nos que o compromiso coa realidade maniféstase en cada un dos seus espectáculos. Conta con seis premios Compostela, 40 María Casares, 5 Fetén e 1 Celestina. Foi finalista en dúas ocasións nos premios Max e en Teatralia. Recibiu varios premios de honra: Xiria, FETEGA, o premio Bos e Xenerosos da AELG e a mención honorífica pola súa contribución á Cultura Galega do Festival Primavera de Cine de Vigo Abrente. E obtivo o premio do espectador no FIOT de Carballo.
O 9 de outubro a ArtesaCía presentará Chola, a it girl, unha obra de teatro contemporáneo cunha duración de 70 minutos. ArtesaCía é unha compañía que nace entre Galicia e New York. Os seus compoñentes, o director Roi Fernández e a actriz Laura Villaverde, formáronse artisticamente entre esas dúas terras.
O ciclo continuará o día 16 con Quico Cadaval, que ofrecerá unha representación de teatro comedia cunha duración de 90 minutos.
O venres 23 a compañía Señora Supina presentará Cinco mulleres que comen tortilla, unha obra de teatro comedia con 80 minutos de duración. Do elenco artístico forman parte Nola Drake, Raquel Ferraz, Alba Outeda, Raquel Crespo e Gabi Modesto.
E rematará o ciclo o día 30 con Ibuprofeno Teatro e O mel non caduca, obra de teatro contemporáneo cunha duración de 70 minutos. O elenco está formado por Marián Bañobre e Avelino González.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



