Viveiro, a 4 de setembro de 2020. O Grupo Municipal do PP de Viveiro manifesta publicamente a súa sorpresa ante o que considera “un exemplo máis da nula planificación e da cativa xestión do goberno local” ao deixar sen duchas e lavapés as praias, pois, segundo puideron comprobar, o Concello eliminou tamén outros servizos importantes como é a pasarela de madeira que facilitaba o acceso ás persoas con mobilidade reducida a de Area; areal que, por certo, conta con bandeira azul.
As boas condicións climatolóxicas están a propiciar que sexan moitos os que aínda acoden ás praias durante esta semana, sendo, por tanto, un importante reclamo turístico e, en consecuencia, unha oportunidade económica para o sector da restauración e o tecido empresarial do municipio. Por este motivo, dende o PP afirman: “custa crer que alguén que ten responsabilidades de goberno adopte decisións deste tipo en días e momentos como os que estamos a vivir e, sobre todo, que argumente para elo que o fai para priorizar o gasto”.
Os edís populares critican así “a pouca altura de miras” do goberno. E é que, insisten, a hostalería e o sector do turismo en xeral, están a ser uns dos gremios máis prexudicados pola pandemia, ao rexistrar unha importante merma de ingresos; o que obriga a estes empresarios a acollerse a un ERTE, prolongalo ou incluso ter que pechar as súas portas.
“Defendemos que se desinfecte todo o que sexa necesario. Niso estamos dacordo todos, pero a alcaldesa sabe que esta medida é un atentado aos intereses do turismo de Viveiro. Agosto foi mellor que xullo, pero non suficiente para remontar a situación, polo que todo o que se poida recuperar en setembro debe ser aproveitado. Non entendemos, por tanto, que, ante esta situación, se permita o luxo de quitar servizos nas praias”, remarcan.
Isto demostra, apuntan, que “pouco ou nada” lle interesa a crítica situación que están a atravesar os sectores da restauración e do turismo. “De sentido común é que vendo a que está caendo, o Concello debería prolongar todos aqueles servizos que poden axudar á recuperación. Cústanos, de verdade, comprobar que se tomen decisións coma esta que, a maiores da mala imaxe que se da do pobo, teñen unha repercusión directa na economía”. Por iso, dende o PP piden ao executivo local que “se centre e defenda os intereses de Viveiro e de todos os que traballan diariamente por manter o seu negocio e os empregos”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



