Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020. O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta mañá a toma de posesión do novo secretario xeral técnico da Consellería, Nicolás Vázquez, e do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.
Neste acto, o conselleiro destacou a valía e profesionalidade de ambos altos cargos e animounos a redobrar os seus esforzos en beneficio do noso agro en particular e de toda Galicia en xeral. Pola súa banda, os nomeados agradeceron a confianza depositada neles polo titular da Consellería e reafirmaron o seu compromiso a prol do medio rural galego.
Secretario xeral técnico
Nicolás Vázquez, o novo secretario xeral técnico da Consellería, substitúe no posto a María Jesús Lorenzana, que vén de ser nomeada conselleira de Emprego e Igualdade. É Licenciado en Ciencias Físicas e Enxeñeiro Superior Industrial -na súa especialidade de Técnicas Enerxéticas-. Conta ademais cun máster universitario en Xestión de Enerxías Alternativas. Nado en Lugo, era ata o de agora Vicesecretario Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Foi consultor de sistemas de información na empresa privada desde 1997 ata 2001. Posteriormente desenvolveu o seu labor no Instituto Enerxético de Galicia. Neste centro, desempeñou cargos como xefe da Unidade Técnica de Estudos e Promoción de Enerxías Renovables desde 2001 a 2009, desde 2009 ata 2014 foi xefe de área de Enerxías Renovables e de 2014 a 2015 foi xefe da Unidade Técnica de Enerxía Eólica e Mareomotriz.
No 2015 pasou a formar parte do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, na escala de enxeñeiros industriais, ano no que se incorporou ao posto que desempeñaba ata a actualidade. Ademais, Nicolás Vázquez ten impartido cursos de formación, xornadas e congresos relacionados coa eficiencia enerxética, co desenvolvemento sostible, coa investigación, o desenvolvemento e a innovación no sector enerxético e coa bioenerxía e a biomasa forestal, entre outros.
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Pola súa banda, José Balseiros repite no cargo como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). Nado en Cerdedo (Pontevedra) en 1961, José Balseiros xa desempeñara esta responsabilidade na anterior lexislatura, dende outubro de 2018 ata o seu cesamento por concorrer nas listas do Partido Popular ás eleccións autonómicas.
Ata a súa incorporación ao Goberno galego, exerceu como deputado autonómico polo Partido Popular (dende novembro de 2016) e foi vogal da comisión especial do forestal e de incendios e portavoz desta mesma área dentro do grupo parlamentario popular na Cámara galega.
Diplomado en Lingua Administrativa e Xurídica Galega e técnico informático na especialidade de aplicacións para a Administración Local, a súa experiencia profesional e carreira política estivo sempre moi vinculada ao ámbito municipal, tanto en calidade de empregado público na Delegación Provincial de Estatística en Pontevedra como, posteriormente, no Concello de Cerdedo.
Neste municipio pontevedrés exerceu primeiro de tenente de alcalde e logo de rexedor, entre xaneiro de 2005 e outubro de 2016. Foi tamén deputado provincial por Pontevedra na lexislatura 2007-2011 e vicepresidente do Consorcio Galego de servizos de Igualdade e Benestar, dende xuño de 2006 ata novembro de 2017. Xa como deputado no Parlamento galego, estivo como vogal en diferentes comisións, entre elas a de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, sendo tamén membro da Deputación Permanente da Cámara.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



