Ribadeo, 24 de setembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anuncia que o pleno previsto para onte se celebrará finalmente esta tarde, despois de coñecer esta mañá que todas as persoas que estiveron en contacto co funcionario positivo por Covid deron negativo. A sesión suspendeuse onte por precaución e por estar á espera de recibir os resultados das probas practicadas. Suárez Barcia insiste na necesidade de empregar sempre a máscara e de manter a distancia de seguridade.
O rexedor declarou que “no día de onte estaba convocado un pleno ordinario para tratar varios asuntos de interese para Ribadeo, e unhas horas antes da súa celebración decidimos aprazalo a consecuencia de que un funcionario estaba afectado por coronavirus, e algúns traballadores e eu mesmo tivéramos contacto con esta persoa. Aínda que en todo momento se mantiveron as distancias de seguridade e o uso continuo da máscara, decidimos hai xa un par de días, someternos a unhas probas de cribado para saber se podíamos estar contaxiados ou non”.
Suárez Barcia dixo que “afortunadamente esta mañá acaban de chegar os resultados sendo todos negativos e por este motivo, tal e como tíñamos acordado cos voceiros do resto de grupos da corporación, do PP e máis do PSOE, decidimos logo celebrar o pleno ordinario para a tarde deste xoves 24 no horario habitual das oito e media da tarde”.
O alcalde ribadense subliñou que “quixemos actuar deste xeito para descartar calquera posibilidade de contaxio ao resto de membros da Corporación e tamén do persoal municipal. Con todo, este tipo de situacións está empezando a ser habitual en todos os lugares polo que debemos empezar a tomar estas circunstancias con certa normalidade. Pero iso si, para evitar problemas maiores debemos usar sempre a máscara e manter a distancia física de seguridade”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



