Lugo, a 25 de setembro de 2020. A presidenta provincial do PP, deputados e senadores por Lugo mantiveron esta mañá na capital lucense un encontro con representantes da Federación Provincial de Asociacións de Veciños e da Asociación de Jubilados y Pensionistas Lugo. Como sinalou a presidenta provincial, o obxectivo da reunión estivo enmarcada “no exercicio de proximidade e do compromiso que temos de posta a disposición dos veciños e veciñas para trasladar as súas reivindicacións as institucións nas que temos representación”. Neste encontro, desenvolvido na sede do PP de Lugo, abordáronse tres asuntos: ferrocarril, pensións e ocupación de vivendas.
.
Elena Candia explicou: “Fixemos un convite a que se sumen ambas entidades a defender as infraestruturas ferroviarias na nosa provincia. Pasa o tempo e as frecuencias non se repoñen, non se cumpren os prazos nin se avanza nas obras comprometidas no seu momento; como dixemos hai uns meses, se non tiñamos unha resposta positiva, fariamos unha actividade política intensa e unha fronte común coa veciñanza e a sociedade civil”. Respecto a esta cuestión o senador José Manuel Barreiro e o deputado Joaquín García Díez explicaron as iniciativas presentadas no Congreso e no Senado. Barreiro avisou do risco de que os recortes derivados da crise económica supoñan frear as inversión previstas en Lugo en materia ferroviaria.
Por outra parte, a presidenta provincial do PP sinalou: “Analizamos tamén o resultado dunha votación no Senado que nos deixa profundamente preocupados; os grupos políticos de PSOE e Podemos votaron en contra de protexer e non conxelar as pensións e os salarios dos funcionarios”. Barreiro, pola súa parte, avisou: “Corremos o risco, non só de conxelación, senón de recortes do nivel que houbo en Grecia. Temos que ser moi reivindicativos”.
Por último, neste encontro tratouse sobre o problema da ocupación de vivendas. Candia indicou que “recentemente escoitamos a alcaldesa de Lugo e aos seus socios de goberno dicindo que Lugo é unha cidade allea a este problema, unha afirmación verdadeiramente sorprendente despois dos serios incidentes vividos nestas últimas semanas na capital lucense” Engadiu: “Comprobamos que é algo que preocupa aos veciños, poñémonos a súa disposición para conseguir mecanismos que protexan contra estas agresións á propiedade. Reivindicamos ser escoitados e poñemos en marcha accións na rúa para sumar apoios, e desta maneira facer rectificar ao Goberno de España”. Explicou que o PP empeza a recoller sinaturas para conseguir cambios legais que poñan coto a ocupación de vivendas.
A este respecto, o senador José Manuel Barreiro indicou que os cambios que propón o PP se resumen en: desaloxos en 12 horas, castigos con penas de cárcere para quen acceda as vivendas con violencia, impedir o empadroamento en vivendas ocupadas, que as comunidades de veciños poidan tomar medidas legais e que tamén as persoas xurídicas poidan tramitar os desaloxos. Sobre este asunto o deputado Joaquín García Díez indicou que faltan directrices claras á Policía, seguramente por intereses políticos.
A federación veciñal estivo representada polo seu vicepresidente primeiro e portavoz, Fernando Rois, así como por Luís Abel e Flora Rubinos. Rois recordou as numerosas accións reivindicativas desenvolvidas pola plataforma Lugo non Perdas o Tren e explicou que para este colectivo non é suficiente con recuperar os servizos anteriores a pandemia. Explicou que seguirán adiante coas súas reclamacións. En canto as pensións, destacou á necesidade de que se garantan mediante o Pacto de Toledo, porque “sen pacto non temos garantías”. Cualificou o das ocupacións como “un dos conflitos importantes en Lugo” e defendeu os desaloxos inmediatos, aplicación de penas de cadea e incluso a posibilidade da retirada de pensións non contributivas aos infractores. Destacou tamén a necesidade de máis vivenda social.
A Asociación de Jubilados y Pensionistas Lugo estivo representada polo seu presidente, Julio Méndez, e o seu secretario, Manuel Méndez. O presidente lamentou que non se dera participación aos representantes directos dos pensionistas no Pacto de Toledo, porque non se senten representados nin por sindicalistas nin por empresarios, e -dixo- entre os xubilados hai grandes especialistas en moi diversas materias. O senador Barreiro comprometeuse a dar traslado institucional a esta demanda dos pensionistas.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



