Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020. A deputada socialista, Patricia Otero, reclamou este mércores á Xunta que “no prazo de seis meses” dispuxese no HULA dun servizo de garda presencial de neurocirurxía, activo as 24 horas, así como que adoptase as medidas para desenvolver por completo o programa Código Ictus. A proposición socialista que contou co apoio do BNG, foi rexeitada polo grupo popular.
A parlamentaria socialista levou este mércores a comisión parlamentaria esta “reiterada e xusta demanda” das veciñas e veciños de Lugo e esixiu ao goberno popular que “deixe de faltar a verdade” cando asegura que a unidade de ictus “está xa en funcionamento”. Otero reclamou que a provincia de Lugo dispoña “nin máis nin menos que o mesmo servizo que xa existe en A Coruña, Santiago ou Pontevedra”.
Nese sentido, a deputada censurou o “maltrato que vén recibindo sistematicamente nestes últimos anos a provincia por parte deste goberno da Xunta”, e lembrou que “xa en 2007 o grupo parlamentario do PP reclamaba tamén a creación destas unidades de ictus en Lugo e Ourense e a día de hoxe seguimos agardando”. Este veto dos populares á iniciativa amosa para Otero que “a Xunta do PP continúa co abandono da provincia en materia de sanidade”.
A parlamentaria insistiu “unha vez máis nos datos” que avalan a posta en marcha do programa Código Ictus e do servizo de garda 24 horas de neurocirurxía, “na provincia rexístranse máis de 800 casos anuais da enfermidade”. Pero ademais do elevado número de casos, Otero incidiu na importancia de “dar unha resposta e non seguir con esta política de recortes do PP nunha sanidade que en Lugo e especialmente para a poboación rural está a ser un castigo”.
A pesar da negativa do PP, Patricia Otero comprometeu que seguirá coa “ofensiva parlamentaria a todos os niveis” para conseguir que o Hospital Universitario Lucus Augusti dispoña desta unidade, e rematou advertindo que “a incidencia dos ictus aumentará nun 27% no vindeiro cuarto de século.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



