Burela, 11 de outubro, 2020. Ao Pescados Rubén Burela FS dáselle ben Vista Alegre, ben sexa na Mariña, ben en Andalucía. Así o demostraron esta tarde os pupilos de Juanma Marrube cun trepidante triunfo esta tarde ante o Córdoba Patrimonio de la Humanidad (5-6) referendando o bo inicio ligueiro, con dúas vitorias en dúas xornadas.
Coas boas sensacións do debut ante Cartaxena, os mariñáns plantáronse con moito carácter para facer fronte a unha cita na que houbo de todo, intensa e igualada, con dous equipos dispostos a todo. A escuadra burelista soubo remontar un temperán 0-2 en contra, aproveitar as súas oportunidades para conseguir unha distancia de 3-6 e aplicarse en defensa para non ceder os tres puntos ante o xogo de cinco.
Aínda que se adiantaron os locais, con Zequi e Saura, o Pescados Rubén soubo manter a compostura para igualar a contenda en tan só un minuto, con Matamoros, desde os dez metros, e Álex Diz, dun disparo raso; cumpríase o 14 de xogo. Eto’o deulles a vantaxe aos laranxas chegando ao descanso.
Na segunda parte Iago Míguez ampliou a fenda, nun rexeite de Prieto; atopábase o ben o Pescados Rubén, pero Córdoba respondeu acurtando inmediatamente, co 3-4 de Zequi batendo a saída de Kaluza. Matamoros, antes do ecuador, e Álex Diz máis tarde volveron facer acto de presenza para poñer terra por medio cunha boa vantaxe, de 3-6. Os locais reaccionaron entón, no 35, con porteiro xogador para vivir un final moi intenso; os galegos xestionaron ben a defensa, aínda que viron como a súa distancia se reducía en dúas situacións de rexeite. Seguiron apelando á súa solidez e orde para manter a recado os tres puntos no último tramo.
Ficha técnica
Córdoba Patrimonio de la Humanidad FS: Prieto, Jesulito, Jesús, Zequi, Saura, cinco inicial; tamén xogaron Boyos, Shimizu, Koseky, Pablo do Moral, Ricardo, Joaqui
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Iago Míguez, Javi Rodríguez, Matamoros, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Giasson, Eto’o, David Pazos, Álex Diz, Quintela
Goles: 1-0, minuto 9, Zequi; 2-0, minuto 10, Saura; 2-1, minuto 13, Matamoros; 2-2, minuto 14, Álex Diz; 2-3, minuto 19, Eto’o; 2-4, minuto 28, Iago Míguez, 3-4, minuto 28, Zequi; 3-5, minuto 29, Matamoros; 3-6, minuto 35, Álex Diz; 4-6, minuto 37, Shimizu; 5-6, minuto 38, Boyos
Árbitros: Miñano Martínez // Ropero Lara. Por Córdoba amarela a Pablo do Moral, Zequi, Cristian, Josán González. Por Burela amarela a Iago Míguez, Javi Rodríguez, Eto’o, Álex Diz, Quintela
Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira División RFEF disputado no Palacio dos Deportes de Vista Alegre de Córdoba.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
