Lugo, 23 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou este venres que a Xunta de Goberno aprobou iniciativas por un volume económico que no seu conxunto ascende aos 2M€, “o que dá mostra do importante ritmo de xestión que estamos desenvolvendo nun momento no que favorecer a economía da provincia é especialmente importante debido á crise provocada pola pandemia”, subliñou Tomé Roca.
“Estamos sacando adiante proxectos, contratos e obras en beneficio de todos os concellos e dos veciños e veciñas da provincia, independentemente da localidade ou zona na que vivan, co fin de favorecer o equilibrio territorial”, indicou o Presidente.
En materia de estradas provinciais, José Tomé, responsable directo da área de Xestión Territorial, anunciou que este venres se aprobou a licitación de obras de mellora en 7 vías nos concellos de Ourol, Sober e Paradela por cerca de 1M€.
– En Sober, vaise acondicionar a estrada LU-P-5903, que une Sober con Doade. Vaise arranxar preto dun quilómetro desta vía, entre o punto quilométrico 13 e o 13,740. Estes traballos teñen un orzamento de licitación de preto de 117.000€ e un prazo de execución de 9 meses. Trátase dun dos tres tramos que unen Sober coa estrada autonómica de Monforte a Castro Caldelas pendentes de acondicionar, segundo explicou o Presidente, quen avanzou que o compromiso da institución é telos rematados todos neste mandato. Esta estrada ten relevancia social e económica, pois pasa pola parroquia de Amandi, dando servizo á veciñanza e ás persoas que se achegan ás adegas da zona.
– En Ourol, aprobouse a licitación de obras de rehabilitación de firmes en 3 estradas provinciais cun orzamento de 300.000€ e un prazo de execución de 6 meses. Por un lado, mellorarase a LU-P-6602, que vai de Rúa Nova a Muras, e que dá servizo á veciñanza que ten gando na Serra do Xistral e tamén ás empresas que realizan o mantemento dos parques eólicos da zona. Neste caso vaise arranxar medio quilómetro, dende o punto 18,550 ata o 19,095. Neste concello, tamén se vai arranxar a LU-P-3805, que une os núcleos Sixto con Campo do Foxo, en dous tramos: o que vai do quilómetro 0 ata o 1 e do 11,240 ao 14,917. Esta vía provincial comunica as parroquias de Bravos, Ambosores e Sixto. A terceira estrada na que se licitan obras en Ourol é a LU-P-6406, que vai dende Cristo da Portapena ata Ponte Segade. Neste caso, son os 200 primeiros metros de estrada, que presenta desperfectos.
– No concello de Paradela, vaise renovar o firme de tres estradas provinciais que unen Paradela co núcleo de Currelos, no Saviñao. O orzamento de licitación é de preto de 543.000€ para acondicionar un total de 12 quilómetros de vías. Unha delas é a LU-P-4201, que une Pacios con Mosteirovello, unha vía que se vai arranxar en tres treitos, que suman un total de preto de 2,5 quilómetros: o primeiro tramo vai dende o punto quilométrico 0 ata o 1,235; o segundo, dende o 1,405 ó 1,810; e o terceiro, do 3,435 ó 4,200. Esta é unha estrada que vertebra parte do municipio, dando servizo a unha zona importante da poboación de Paradela. Na LU-P-4205, que une os núcleos de Aldosende e Foilebar, mellorarase un treito da vía de máis de 3 quilómetros e medio, dende o punto quilométrico 2,331 ao 5,924. E a terceira vía que se vai arranxar en Paradela é a LU-P-5818. Os traballos acometeranse dende a intersección coa estrada provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila. Esta estrada dá servizo a moitas parroquias e núcleos que concentran bastante poboación como son Valmigallo, Vilacaíz, Carballós e O Amedo.
Tendo en conta que, como lembrou o Presidente, a Deputación xa actuou no tramo que vai de Escairón a Currelos, a unión entre Paradela e a capitalidade do Saviñao quedaría con estas actuacións totalmente renovada.
Conservación de estradas zona 4
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén quedaron adxudicadas as tarefas de conservación a Zona 4 da rede viaria provincial, que inclúe os concellos de Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín, O Páramo, Sarria, Paradela, Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín e Palas de Rei. A empresa adxudicataria é T.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo, S.L. por un importe de algo máis de 325.000€ para este ano 2020 e o que vén.
A principios deste ano a empresa adxudicataria da conservación de estradas da Zona 4 presentou unha comunicación na que indicaba a non dispoñibilidade de medios para executar o contrato. Por iso, a Deputación o resolveu e o licitou de novo. Durante todo este tempo, mentres non se adxudicou outra vez o servizo, ocupouse dos traballos a empresa adxudicataria da Zona 8.
Este venres aprobouse a adxudicación da compra dun camión usado con cisterna de emulsión asfáltica para o Parque Móbil por un importe de 66.000€, e que estará operativo no prazo dun mes. Con este camión, o Parque Móbil pasa de contar con 3 equipos de rego asfáltico a 4, o que permitirá un maior alcance nas obras de mellora das estradas, tanto provinciais, como municipais.
Hortos urbanos
Outro dos asuntos que aprobou a Xunta de Goberno foi a licitación do contrato para a prestación do servizo de dinamización e posta en valor dos 175 hortos urbanos do Rato e Paradai por preto de 180.000€ e cunha duración de dous anos. A función da empresa que resulte adxudicataria será asesorar aos usuarios e usuarias dos hortos en temas relacionados coa horticultura ecolóxica, e na xestión de recursos, materiais e maquinaria que a Deputación de Lugo poida poñer á súa disposición para o cultivo dos terreos.
A empresa tamén deberá xestionar e organizar o día a día nos hortos, cun horario de atención presencial, telefónico e tamén por medios dixitais, ademais de elaborar un programa formativo interno para os propios usuarios, no que se recollan guías de boas prácticas, información, charlas e seminarios, e visitas a outros proxectos semellantes ou experiencias de agricultura ecolóxica. Ocuparase así mesmo de desenvolver un programa formativo externo, abrindo as actividades a persoas alleas ós hortos.
En canto á adxudicación das parcelas, Tomé Roca indicou que a previsión é que no prazo dun mes estea rematada, se o procedemento segue o ritmo esperado.
Área de autocaravanas en Trabada
O Presidente explicou que o Goberno deu hoxe luz verde a unha solicitude do Concello de Trabada para modificar o destino dun investimento do Plan Único 2020. O Concello decidiu que destinará 40.500€ á creación dun aparcamento para autocaravanas en Ría de Abres, ao carón da estrada nacional N-640, en vez de ao Museo Etnográfico, xa que para esta actuación obtivo unha axuda da Administración autonómica.
A área de autocaravanas contará con 9 prazas e incluirá unha zona verde, ademais dun espazo para o baleirado de augas. Este asunto vaise ratificar no Pleno Ordinario do mes de outubro, que se celebrará o vindeiro martes.
Convenios con Viveiro e Ribeira de Piquín
O Presidente tamén deu conta de convenios de colaboración aprobados cos concellos de Viveiro e Ribeira de Piquín. No caso de Viveiro, a Deputación achega 150.000€ ao Concello para accións de promoción do turismo, limpeza de instalacións públicas, para mantemento da piscina municipal e sufragar os gastos de socorrismo, para a elaboración dun estudo hidrolóxico da rede fluvial e para o mantemento de infraestruturas públicas, entre outras actuacións.
Pola súa banda, no caso do Concello de Ribeira de Piquín, a Deputación aporta 130.000€ para a compra dun tractor destinado á limpeza de vías e de accesos ós núcleos rurais, e para o mantemento das zonas verdes e espazos públicos do municipio.
CAM Pedrafita de Cebreiro
Respecto aos centros de atención a maiores provinciais, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do subministro de equipamento para o Centro de Atención a Maiores de Pedrafita do Cebreiro por un importe de 130.000€. Inclúe o mobiliario xeral, os equipos e artigos médicos e de hixiene persoal, e xogos e material pedagóxico.
En relación coa residencia de Pedrafita, tamén se lle deu o visto bo ao Plan de Seguridade e Saúde no Traballo ás obras para equipar a cociña e para adaptar un cuarto na planta baixa para o lixo. O orzamento é de 42.000€ e o prazo de execución, de 2 meses.
Outros asuntos
A Xunta de Goberno aprobou a adhesión da Deputación á Central de Contratación do Estado para o subministro de combustibles en estacións de servizo, o que permitirá obter prezos máis competitivos sen ter que licitar, o que axilizará o procedemento.
Así mesmo, acordouse licitar un paquete de licenzas de software técnico para utilizar na Deputación de Lugo por un importe de preto de 67.000€.
Por outra banda, na Xunta de Goberno quedaron aprobadas 15 contas xustificativas de axudas concedidas pola Deputación a través do programa de Recuperación e incorporación de terras para a posta en produción de recursos agrogandeiros. En total, suman 24.538€ para a posta en produción de máis de 51 hectáreas nos concellos de Lugo, A Pontenova, Triacastela, A Fonsagrada, Xermade, Vilalba, Outeiro de Rei, Láncara, Guitiriz, Friol, Castroverde, Pol e Samos.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



