Burela, 23 de outubro, 2020. O Pescados Rubén Burela pecha a apertada axenda da semana cun punto moi valioso na pista de CA Osasuna Magna (3-3), despois da dureza e o esforzo dos últimos días. Grande igualdade viviu a apertura da xornada 6, na que os pupilos de Juanma Marrube souberon como responder a cada acción de iniciativa no marcador dos locais. Tras conseguir o 2-2 rozando o descanso, os galegos souberon como xestionarse tomaron vantaxe pero os navarros devolveron as táboas no ecuador de segundo acto, ofrecendo un pouco máis de vitalidade. A defensa laranxa mantivo baixo control o ataque de cinco no último tramo, con Álex Diz defendendo a rede.
Roberto Martil adiantou os de Imanol Arregui no minuto 6, recibindo de costas o pase de Mancuso. Matamoros tivo o empate a balón parado, pero chocou contra a defensa local. Renato, con todo, si conseguiu materializar a igualada antes do ecuador do primeiro acto, de falta directa. Coa súa presión alta, Pescados Rubén fixo desaparecer a tentativa de dominio local dos primeiros minutos. No 13, Quintela tentou sorprender a Asier nunha saída rápida coa que chegou moi escorado. Tan só 2 minutos despois Edu mantivo o empate, con dobre aparición fronte a Mancuso. No 17, a defensa navarra despexou o que podería ser a iniciativa laranxa nun pé moi oportuno de Matamoros e entón aproveitou velozmente Juninho para recuperar a vantaxe. Renato quixo poñer a proba a Asier sen éxito pero si o fixo Pitero, a falta de 52 segundos para o descanso; a Xoia Laranxa devolveu as táboas culminando un disparo de Matamoros. Chegou a bucina con xogo de cinco para os galegos e tentativa de Magna en contragolpe.
Renato volveu ter de falta na continuación e a escuadra local respondeu pouco despois con roubo de César. A volta á pista dos burelistas foi moi incisiva. Asier desartellou a complicidade entre Javier Rodríguez e David Pazos Rozou o pau a chegada de Quintela en contragolpe. Pelexaron de novo cunha gran presión os do Mariskal para apropiarse do electrónico. Non entanto, Mancuso avisou con moito perigo, ao pau, e acto seguido Fabinho recuperou fronte a unha excelente intervención de Edu. David Pazos aproveitou o erro na saída de balón de Bynho para adiantarse por primeira vez no encontro; cumpríase o 27 de xogo. Eto’o e Renato deron continuidade ao asedio galego. O meta naronés freou a César na medianía do segundo tempo, pero nada puido facer acto seguido ante o 29 local, que aproveitou un descoido laranxa para o 3-3. Linhares probou fortuna por partida dobre fronte a un gran Edu, nos mellores minutos de Magna. A alianza entre Matamoros e Álex Diz fixo tremer a rede de Asier, ao pau, en busca da dianteira. Tras a saída rápida de Fabinho, a ocasión de Mancuso e de tentalo César, Osasuna saíu con porteiro xogador con tres minutos por diante. Edu sacou unha man perfecta ante Fabinho e César. Respondeu Álex Diz con xogo de cinco no último minuto co 3-3 definitivo.
Ficha técnica
CA Osasuna Magna: Asier, Linhares, César Velázquez, Wanderson, Bynho, cinco inicial; tamén xogaron Mancuso, Fabinho, Roberto Martil, Juninho, Jesús
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Javi Rodríguez, David Pazos, Diego Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Álex Diz, Renato, Iago Míguez, Matamoros, Pitero, Giasson, Eto’o
Goles: 1-0, minuto 6, Roberto Martil; 1-1, minuto 9, Renato; 2-1, minuto 17, Juninho; 2-2, minuto 20, Pitero; 2-3, minuto 27, David Pazos; 3-3, minuto 30, César
Árbitros: Sánchez Llorente// Toca Campo (Cantabria). Por Magna amarela para Roberto Martil (minuto 8), Juninho (minuto 18), Wanderson (minuto 29), Fabinho (minuto 35). Por Burela amarela a Matamoros (minuto 6).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira División Masculina disputado en Anaitasuna























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
