Foz, 20 de outubro de 2020. O Concello de Foz está acondicionando con medios propios unha senda peonil e para bicicletas baixo a estrada Nacional 642 na parroquia de Nois, que servirá de conexión entre o paseo marítimo da praia de Arealonga e o camiño a Lousada.
O alcalde, Fran Cajoto, que supervisou as obras xunto co concelleiro Javier Fraga, explica que “o Concello de Foz continúa a promover a mobilidade sostible e a favorecer a práctica de deporte ao aire libre e as rutas seguras para peóns. É por isto que se está procedendo a acondicionar un camiño existente baixo a N-642, na praia de Arealonga. Agora mesmo ese vial estaba impracticable, coas cunetas aterradas, sen desaugues e cheo de broza e maleza. O obxectivo é facilitar un camiño seguro para cruzar a N-642 neste punto, aproveitando o paso inferior existente baixo a estrada nacional. Non é un investimento de gran contía, pero si servirá para aumentar a seguridade vial entre os veciños de Nois que opten por este punto para cruzar a estrada”.
O rexedor municipal engade: “sabemos que no contexto actual de pandemia son moitas as persoas que utilizan os paseos marítimos e a Ruta do Cantábrico para facer deporte ao aire libre, ben sexa en bicicleta ou a pé. A alternativa dun cruce seguro baixo a N-642 permite continuar camiño desde a praia de Arealonga ao mirador da Capela da Concepción, en Lousada, desde o que temos unha magnífica perspectiva do Cantábrico e do Golfo do Masma, podendo divisar nun día claro incluso Tapia de Casariego, en Asturias”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



