Viveiro, 6 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro mantén neste curso escolar 2020/2021 o seu compromiso de financiar o transporte ao estudantado que se despraza fóra de Viveiro por motivos académicos, xa sexa para cursar formación profesional ou estudos universitarios.
Xa están dispoñibles para a súa tramitación os bonos coa reducción do 50% financiada polo Concello con orixe Viveiro e destino Ribadeo, Lugo, A Coruña e Santiago. Estas son as tarifas:

Os bonos poden solicitarse na Omix en horario de 10:00 a 14:00 horas, sen cita previa e aportando xustificante de matrícula e foto carné, no mail informacion.xuvenil@viveiro.es ou chamando ao Concello 982 560128 (extensión 1135).
Na mesma liña, cómpre facer referencia ao servizo de transporte escolar gratuíto para desprazarse a Xove, San Cibrao e Burela, que emprega a mocidade de Viveiro que cursa estudos de Formación Profesional ou Bacharelato nalgún centro deses municipios. A día de hoxe están inscritas un total de 33 mozas e mozos, que empregan diariamente este servizo.
O goberno municipal é consciente do gasto que significa para as familias cando os seus fillos e fillas estudan fóra e con esta iniciativa pretende colaborar facilitando de maneira gratuita o servizo referido para os desprazamentos a Xove, San Cibrao ou Burela, e asumindo o pago do 50% do custe de cada viaxe no caso de estudantes universitarios ou de Formación Profesional, para desprazamentos a Ribadeo, Lugo, A Coruña e Santiago.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



