Madrid, 10 de outubro de 2020. O deputado nacionalista, Néstor Rego, anunciou que exixirá novamente este martes na Comisión de Industria, Comercio e Turismo, a través da Proposición Non de Lei que presentou o pasado mes de xuño no Congreso, a intervención pública da factoría de aluminio de Alcoa en San Cibrao despois de que a empresa comunicase a parada das cubas, a entrada nun ERE e o despedimento de 415 traballadores e traballadoras.
O BNG leva meses reclamando, quer no Congreso quer no Parlamento galego, a nacionalización da factoría para retornala ao ámbito público, mantendo desta forma os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña. “O Goberno español, conxuntamente co Goberno galego, debe pór sobre a mesa a nacionalización de Alcoa para salvar o complexo industrial e os empregos directos de máis de mil traballadores e traballadoras” salientou.
O pasado 11 de setembro, PSOE e PP votaron en contra da iniciativa que presentou o BNG no Congreso na que se apostaba pola intervención pública da planta de aluminio no caso de fracasar a negociación con Alcoa para a súa venda. Despois do fracaso das negociacións, Rego explicou que “nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa; polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas”. En pasadas intervencións no Congreso, Néstor Rego mostrou exemplos doutros gobernos europeos que aplicaron recentemente intervencións públicas en diferentes empresas como o Goberno italiano para salvar unha fábrica similar en Sardeña ou a mesma vontade que tivo Angela Merkel en Alemaña para nacionalizar Lufthansa.
O deputado nacionalista asegurou que desde o BNG vaise facer toda a presión institucional posíbel para garantir un futuro digno na comarca da Mariña porque “é evidente que non se pode permitir que os gobernos non actúen coa contundencia necesaria nun momento crítico social e económico como este no que están en xogo milleiros de postos de traballo”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



