Santiago, 23 de outubro de 2020. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, acusou hoxe no Parlamento aos socialistas galegos de “pretender lavarse a cara con manobras de distracción e botar balóns fóra” pedindo agora un plan de reconstrución para A Mariña lucense. Neste sentido, cuestionou se “o Goberno de Pedro Sánchez non pensa cumprir o mandato tanto do Congreso como do Parlamento galego para intervir temporalmente a factoría de Alcoa en San Cibrao”, porque afirmou que “os nosos esforzos neste momento deben centrarse no mantemento da empresa e os postos de traballo”.
Miguel Tellado manifestou que “debemos exercer a palabra con responsabilidade, rigor e seriedade, sen tratar de enganar a ninguén”. Así, incidiu que a proposta dun plan de reconstrución para A Mariña “non é máis que unha manobra de distracción” e asegurou que desde o PPdeG “seguimos pedindo unha intervención temporal e un prezo público da enerxía competitivo”.
“Sen un novo estatuto para as empresas electrointensivas, a nova empresa que se faga cargo de Alcoa tamén estará obrigada a pechar”, afirmou o viceportavoz popular, quen lamentou que “o Goberno de Pedro Sánchez leve dous anos negándose a aprobar este estatuto e agora os socialistas galegos pretenden resolver esta cuestión con axudas á hostalería ou á restauración da Mariña”.
Tellado amosou a súa preocupación porque a deputada socialista “foi moi clara na súa intervención: o Goberno de Pedro Sánchez non está a favor de intervir a empresa e vai deixar que Alcoa peche, un peche que afecta á economía galega e de España, xa que é a única empresa que produce aluminio primario en España”.
“A nosa postura é que Goberno central e Xunta teñen que seguir traballando xuntos para plantarlle cara á empresa, defendendo o mantemento dos postos de traballo, que non se paren as cubas, conseguir a venta e, se non é posible, proceder á intervención ata que apareza un comprador”, concretou Miguel Tellado. Pero apuntou que “nada é posible se non se consegue un prezo da electricidade competitivo, e iso só será posible cun estatuto para as empresas electrointensivas”.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



