Burela, 1 de outubro, 2020. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego, reuniuse esta mañá coas capitás do equipo laranxa de Primeira, Peque e Bea Mateos, na renovación do Convenio Colectivo de Xogadoras Profesionais, pioneiro non só no fútbol sala feminino senón tamén no deporte feminino en España.
Case dous anos pasaron desde aquel 18 de decembro de 2018 no que directiva do Pescados Rubén e cadro, xunto á Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino, formalizaban un acordo que marcaba un antes e un despois na igualdade e o profesionalismo do fútbol sala, dando a volta a toda España. “Sempre fomos un club que demostrou a igualdade con feitos. A sinatura do convenio foi un momento moi importante, reforzando todo o traballo e implicación de anos, pero o noso labor neste sentido non cesou. Toda a sociedade ten un camiño moi longo por diante” reflexionaba o presidente, xunto a Peque e Bea Mateos, dúas das protagonistas daquel momento.
“Estes dous anos foron un paso cara adiante para a nosa profesionalización e o noso deporte. O Pescados Rubén xa era un club que evolucionaba moito cada ano, pero o convenio foi unha forma de darlle unha gran visibilizacion a todo ese labor. Nós xa tiñamos unhas condicións que podiamos considerar privilexiadas pero con isto aínda máis. Oxalá moitos equipos tomen exemplo e sigan estes pasos” explicaba a 14 burelista, coincidindo con Peque, que incidiu na tranquilidade e seguridade coa que pode traballar o equipo: “Deportivamente falando conseguimos a regularidade de éxitos e títulos que se merecía. Estamos a manter un bloque compacto e temos un grupo consolidado. Toda a seguridade que nos ofrece o convenio fainos centrarnos soamente no 40×20, que é o noso traballo. Vivímolo a tempada pasada, co Covid; o club demostrounos que estamos nun entidade onde se coida ás xogadoras, que mira polo noso benestar laboral”.
“Cada vez somos máis as xogadoras que cotizamos, cada vez son máis os clubs que dan pasos en profesionalización. É importante que os clubs demostren que queren facer medrar este deporte. Quizais os pasos deberían ser máis rápidos pero hai avances” valoraban así as xogadoras a situación actual de fútbol sala en igualdade.
Dereitos blindados
Despois de meses de negociacións entre o club, as xogadoras e a AJFSF, o Convenio de Xogadoras Profesionais fíxose realidade a finais de 2018 contemplando aspectos como a renovación automática en caso de embarazo, compromiso de vacacións en datas sinaladas, dereito a 10 días de Asuntos Propios por coidado de fillos ou maiores, axudas para conciliación familiar (garderías, axuda de libros de texto…), salario mínimo de 900 euros, con subida do 2% anual, o club compartirá dereitos de imaxe coas xogadoras e seguros de accidentes e invalidez.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
