Burela, 21 de outubro, 2020. Vista Alegre viviu esta tarde un partido trepidante no que o Pescados Rubén Burela FS viu como se lle escapaban 2 puntos, co empate de Zaragoza 5-5 a 20 centésimas da bucina final cun dobre penalti. Os méritos dos de Juanma Marrube conseguiron unha vantaxe de 4-1 na primeira parte. Tras o descanso, os visitantes aproveitaron as súas oportunidades fronte á inmensidade de ocasións dos galegos, que se estrelaron unha e outra vez contra o pau. Con 5-2 e dez minutos por diante, a superioridade en catro para tres e con porteiro xogador achegou os maños, coa guinda do obsequio final.
A maxia de Matamoros saltou á pista no minuto 2 para darlles a vantaxe aos galegos xa no minuto 2, de penalti. Comezaban ben os do Mariskal cun gran asedio; probou Quintela ante un pé prodixioso de Jamur e a punto estivo de chegar Pazos ao segundo pau. Corría o quinto de xogo cando M. Kaluza fixo a súa primeira intervención, por partida dobre, para manter a renda. Aproveitou o Pescados Rubén para ampliar distancias con 0-3 en dúas rexeites en tan só un minuto, con Iago Míguez fronte a Richi Felipe primeiro e máis tarde coa cara de Pitero, tras repeler o pau a tentativa de Álex Diz. Volveu facer tremer o pau Burela e tocoulle entrar en escena entón a Kaluza, cunha tarde sublime; mantivo a recado os intereses locais en estratexia fronte a Eloy Rojas, primeiro, e despois Dian Luka. O 17 maño foi o encargado de probar fortuna en dobre penalti fronte ao polaco, impertérrito, que pouco despois conseguiu reducir a fenda, no 16, desde saque de esquina e axudado polo pau. Creu o Zaragoza en mitigar o impacto dos burelistas, pero de novo Pitero, moi oportuno desde saque de esquina, cazou o rexeite para o cuarto antes do descanso.
Aproveitou Fútbol Emotion unha perda local para acurtar á contra, con Javi Alonso no minuto 24; antes Iván Bernad obstaculizara o quinto local nun man a man con Quintela. A escasos segundos, o sempre incisivo Matamoros topouse de novo co pau, que volveu desartellar a ofensiva laranxa, nas zapatillas de David Pazos antes do ecuador do segundo acto. Pero aí estaba Quintela para selar o quinto por toda a escuadra (minuto 30) desde saque e esquina de Álex Diz. Volveu aplicarse baixo a rede Kaluza nun minuto de infarto e de novo Quintela puxo en pé á Bancada Laranxa, cun novo pau. Coa expulsión de Javi Rodríguez pola segunda amarela, os visitantes anotaron o 5-3 en superioridade. Acumulou a quinta falta a escuadra galega entón e tivo a oportunidade de distanciarse nun pase de Pitero a Iago Míguez, que neutralizou Iván Bernad. Pitero tamén quixo volver poñer a proba ao meta maño en busca do seu hattrick, sen éxito. Con catro e medio Zaragoza apostou por xogo de cinco con Eloy Rojas e volveron atopar premio en superioridade con Javi Alonso na súa primeira oportunidade. Matamoros liderou a resposta local. Un dobre penalti a 20 centésimas da bucina final nas zapatillas de Retamar outorgoulles un empate inmerecido aos de David Marín.
Sen descanso para a xornada 6
Os pupilos de Juanma Marrube pelexarán por tres novos puntos sen descanso xa o venres, coa sexta xornada, na pista de CA Osasuna Magna, ás 21.00 horas.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Javi Rodríguez, Renato, David Pazos, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Lucho, Álex Diz, Iago Míguez, Pitero, Giasson, Eto’o
Fútbol Emotion Zaragoza: Iván Bernad, Eloy Rojas, Dian Luka, Jamur, Adri Ortego, cinco inicial; tamén xogaron Óscar Villanueva, Javi Alonso, Richi Felipe, Retamar, Juanqui
Goles: 1-0, minuto 2, Matamoros (penalti); 2-0, minuto 7, Iago Míguez; 3-0, minuto 8, Pitero; 3-1, minuto 16, Dian Luka; 4-1, minuto 18, Pitero; 4-2, minuto 24, Javi Alonso; 5-2, minuto 30, Quintela; 5-3, minuto 33, Jamur; 5-4, minuto 36, Javi Alonso; 5-5, minuto 40, Retamar
Árbitros: Sánchez Llorente// Toca Campo (Cantabria). Por Burela a Javi Rodríguez (minuto 22 e 33), Renato (minuto 23), Pitero (minuto 40), Iago Míguez (minuto 40.1), Matamoros (minuto 40.1). Por Zaragoza a Jamur (minuto 23), Villanueva (minuto 26), Dian Luka (minuto 38), Eloy Rojas (minuto 40)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre.




















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
