Bureala, 15 de outubro, 2020. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo organizou na mañá do xoves 15 de outubre unha xornada sobre “Mitigación da interacción con aves, tartarugas e cetáceos”, que estivo composta por tres obradoiros sobre aves mariñas, tartarugas mariñas e cetáceos, respectivamente.
As actividades tiveron lugar no salón de actos de Absa, no porto de Burela, e ían dirixidas especialmente ás súas frotas de palangre de superficie, palangre de fondo e arrastre de fondo.
O conxunto de medidas para evitar a interacción coas aves e tartarugas mariñas é un dos principais asuntos de impacto ambiental que afecta hoxe en día ás frotas de palangre, tanto de superficie como de fondo.
O primeiro obradoiro da xornada tratou sobre aves mariñas e correu a cargo de Paulo Lago Barreiro, técnico do programa mariño de SEO BIRDLIFE. Na súa intervención tratou diferentes temas, como as amenazas, estado de conservación e captura accidental de aves mariñas nas artes de pesca; as medidas de mitigación para evitar estas capturas accidentais ou a liberación segura de aves mariñas capturadas vivas.
A continuación tivo lugar o obradoiro sobre tartarugas mariñas, a cargo de María Luz Parga López, responsable de proxectos en SUBMO, que explicou os motivos desas capturas accidentais en palangre e posibles medidas de mitigación, como o aumento da profundidade, horario de calado, cambio de cebo ou tipos de anzol.
Finalmente tratouse a situación dos cetáceos, de máxima actualidade na frota de arrastre xa que prevense novas medidas obrigatorias a partir do próximo 1 de xaneiro de 2021. Este obradoiro correu a cargo de Manel Gazo Pérez, director de SUBMON, que tratou os aspectos biolóxicos relevantes e os problemas de conservación na captura accidental de mamíferos mariños, as especies máis vulnerables a estes accidentes e diferentes medidas de mitigación, como cambios na actividade pesqueira, nos aparellos ou restriccións espacio temporais.
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción de OPP Lugo incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.
