Lugo, 15 de outubro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este xoves o ensanche e mellora da estrada provincial LU-P-0210, que une A Seara, en Alfoz, e San Acisclo, en Foz. Tomé Roca, responsable da área de Xestión Territorial, avanzou a realización deste proxecto durante a visita que realizou esta mañá a Foz, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde do municipio, Francisco Cajoto Caserío.
O mandatario provincial explicou que o proxecto xa está redactado e en proceso de revisión para a súa aprobación proximamente na Xunta de Goberno. O investimento da Deputación será duns 130.000 euros, entre as propias obras e a compra por mutuo acordo dos terreos necesarios. Así mesmo, informou que os traballos, que se levarán a cabo entre os puntos quilométricos 5,1 e 5,3, consistirán na ampliación e acondicionamento da vía con aglomerado en quente, así como na dotación de iluminación e beirarrúas.
O Presidente subliñou que con estas actuacións “resolvemos un problema de seguridade, pois actualmente a vía é moi estreita e está deteriorada, dificultando a condución aos viaxeiros”. Neste eido, José Tomé explicou que se verán beneficiados numerosos veciños e veciñas ao tratarse dunha estrada que soporta moito tráfico ao ser unha das vías que une Foz con Alfoz, sendo o camiño máis corto para chegar á costa da Mariña, ademais de pasar moitos camións debido ao serradoiro situado nesa estrada”.
Máis melloras en dotacións públicas de Foz
O Presidente aproveitou a visita para supervisar actuacións acometidas pola Deputación no concello de Foz. Concretamente, a institución provincial, a través do Parque Móbil, acaba de rematar a mellora con emulsión asfáltica de case quilómetro e medio da estrada de Brea, na parroquia de Nois.
Ademais, actualmente os traballadores da Deputación están acondicionando con rego asfáltico un total de 4.300m2 de tres estacionamentos municipais. Son o estacionamento da rúa do Castro, o da rúa do Pilar e o da Sala Bahía. Os traballos teñen un custe no mercado duns 60.000€, importe que a Deputación aforra ao Concello ao asumir as obras co Parque Móbil para que poida investir noutras necesidades no municipio.
A mellora da rede viaria, unha prioridade
José Tomé destacou que, dende o principio do mandato, “marcamos como prioridade a mellora da rede viaria provincial porque cremos que a mobilidade contribúe de forma moi importante ao equilibrio territorial e á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas. Creo que dende o Goberno estamos respondendo a ese compromiso con feitos e con obras como as que estamos acometendo e como as que seguiremos facendo en Xermade”, subliñou Tomé Roca, quen lembrou que a institución provincial ten a día de hoxe en marcha obras en estradas provinciais que supoñen un investimento duns 5M€.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



