Lugo, 9 de novembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou o convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Nenos Ponte dos Santos, María José Sante Riopedre, polo cal a institución provincial destina 12.000€, permitindo á entidade ofrecer transporte escolar aos usuarios e usuarias.
Tomé Roca destacou o traballo que desenvolve o colectivo, formado por familias con nenos e nenas con discapacidade da Mariña, en favor da integración e mellora da calidade de vida dos rapaces.
A axuda da Deputación posibilita aos usuarios e usuarios asistir ao colexio de Educación Especial Edes en Tapia de Casariego. Trátase dun centro específico que recibe alumnado con discapacidade intelectual dende os 3 aos 20 anos de idade e conta con formación en infantil, educación básica obrigatoria e programas de transición á vida adulta. Ademais dispón de instalacións adecuadas ás necesidades dos alumnos, nas que traballan de forma individualizada con cada usuario en obradoiros de cociña, teatro, horta ou xardinaría, entre outros.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



