Ribadeo, 13 de novembro de 2020. Acisa colabora coa agrupación de Cáritas Ribadeo na localidade nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal. Máis de 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata mediados de decembro.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comezou hoxe mesmo e prolongarase ata o segundo fin de semana de decembro”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, dixo que “desde Acisa levamos meses pensando na maneira de poder colaborar de forma activa cos máis necesitados. Son momentos difíciles, nos que hai moita xente que agora mesmo non ten ingresos, que perdeu o traballo ou que os seus ingresos se viron drasticamente reducidos. A iniciativa basease en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe, pode levar aos máis de trinta puntos de recollida, unha pequena colaboración en forma de alimentos para que posteriormente Cáritas os reparta entre as persoas que o precisen”.
Pérez sinalou que “segundo nos din desde Cáritas, o que se necesita son alimentos básicos non perecedoiros como pasta, arroz, conservas, legumes, cacao, leite cun marxe longo de caducidade, potitos, galletas, cereais ou aceite”.
Francisco Iriarte manifestou que “se trata dunha iniciativa solidaria que non nos costa nada facela e coa que podemos axudar a moitas persoas. Chega o Nadal e todos podemos poñer o noso grao de area. Agora que comezaremos a mercar para Nadal, lembremos a quen máis o necesita e axudémoslle con algo tan básico como son os alimentos”.
O xerente de Acisa engadiu que “os establecementos nos que se poden depositar alimentos son: Mercería y Confección Susana Moreira, Apartamentos Escuder, Gasóleos Abelleira, Mercería Torviso, Panadería Torviso, Hotel Loriente – Cayo Coco, Araucaria Gastronómico, El Rincón del Gordo, Phonergy, Ginzo Hombre–Mujer, Kids & Us, Bar Queimada, Faro Norte Comunicación, Opticalia, Xardineo, Mika, Cafetería Breogán, Goia´s, Ribamueble, Esprit, Sanjurjo, For Friends, R23, Pepa Peineta, Farmacia Álvarez Lebredo, Linares, Anais, Galipizza, Xeito, Sargadelos, La Moda Joven e La Lira”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



