Hai poucos días, a Comisión Europea consensuou co Parlamento Europeo un programa de axudas fronte aos efectos económicos da Covid-19. 1,824 B€, algo máis da metade en axudas directas e o resto en préstamos. Galicia, no contexto da UE, anda a rentes dun 0,6% da súa poboación. Velaí que haberíamos recibir entre 7,5 e 9 milleiros de M€. Unha enxurrada de cartos produtivos, se atendemos que o teito do gasto público galego será, no 2021, de 11.664 M€ e case o 80% destinaranse a compromisos de gasto corrente. Os fondos europeos Next Generation haberían achegar máis dun 350% de recursos adicionais a respecto dos investimentos deste vindeiro exercicio 2021. o mellor en investimentos reais de todos os de Feijóo (mais peor ca o 2007 ou 2008, co gobernó BNG-PSdeG).
Diante deste feito histórico, nin o Goberno do Estado nin o Goberno galego teñen clara a estratexia para definir os proxectos que haberían investir estes recursos para modificar suibstancialmente un modelo produtivo dependente de máis do turismo, construcción e hostalería. No caso do Goberno central, Pedro@Pablo, líderes do PSOE e Unidas Podemos, definiron un ferreño sistema centralizado onde o Consello de Ministr@s fixará as prioridades e os proxectos a peneirar e escoller, ao abeiro dun réxime de absoluta escuridade e falla total de transparencia. Ningúen sabe que criterios se teñen en conta para seleccionar os proxectos gañadores para optaren a estes investimentos.
E a Xunta de Galicia teima nesa falla de transparencia e, alén diso, fracasa porque i) non define unha estratexia a respecto de reclamar para este país o mínimo que lle compre por poboación e PIB (7,5-10 mil M€) ii) mantén unha total escuridade sobre as regras para admitir proxectos e iii) prioriza proxectos pouco tractores, como o reseso proxecto de tratamento de puríns que publicitan seguido e iv) presenta unha total incapacidade para constituir o cerebro director da máis grande oportunidade que tivo Galicia desque é autónoma para mellorar o seu modelo produtivo.
Galicia ten un potente subsector consultor tecnolóxico (Plexus, Altia, Coremain) que habería axudar definir os nosos obxectivos estratéxicos cara estes fondos Next Generation EU. E sectores onde contamos con avantaxes comparativas e onde estes recursos poden alargar esta avantaxe. Os proxectos de transfomación da madeira (para evoluir un sector forestal centrado na produción e venda de madeira de eucalipto barata), transformación dos productos gandeiros nun grande grupo lácteo, proxectos tractores nas industrias agroalimentaria e complexo mar-industria, construcción naval, compoñentes e tecnoloxía para a xeración das distintas enerxías renovábeis (eólica, maremotriz, solar…) ou tratamento do lixo poden ser algúns que implementen no noso tecido empresarial os xérmolos precisos para unha substancial remuda do noso sistema produtivo de aquí a doce ou quince anos.
Semella que nin Pedro Sánchez, nin Pablo Iglesias, nin Núñez Feijóo se están a decatar da oportunidade que podemos perder.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



