
Foto de arquivo
Ribadeo, 23 de novembro de 2020. O Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo desenvolverá este ano por vez primeira o Mercadiño de Nadal, coincidindo coas datas propias do Nadal. Terá lugar entre o 19 de decembro ao 5 de xaneiro, estará destinado a persoas artesáns, creadoras e produtoras e as casetas estarán situadas nun espazo céntrico da vila.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo este ano, dadas as circunstancias sanitarias, opta por celebrar este Mercadiño de Nadal, que será mais reducido aínda que máis estendido no tempo coincidindo co Nadal, en lugar do xa tradicional Mercado de Nadal que tiña lugar na ponte de decembro”.
Vizoso Galdo dixo que “a convocatoria está dirixida a persoas artesáns, produtoras con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións do Nadal e no que terán unha maior presenza produtores e artesáns locais ou de zonas próximas. Así tamén se reservará un 20 por cento do espazo dispoñible, sempre que sexa posible, á gastronomía”.
As persoas interesadas en participar poden consultar as bases en https://ribadeo.sedelectronica.gal/board ou poñerse en contacto coa Área de Desenvolvemento Local de Ribadeo. Para tomar parte do mercado é requisito cumprimentar a documentación e presentala no rexistro do Concello antes do 4 de decembro. Asemade as persoas interesadas poden solicitar información complementaria a través do enderezo electrónico adl@ribadeo.org























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



