A Mariña, 20 de novembro de 2020. Dezaseis profesionais mariñáns do turismo asistiron do 16 ao 18 deste mes en Foz a un curso de formación sobre Comunicación dixital, márketing e novas tecnoloxías para a promoción de destinos e empresas turísticas na era Covid-19. O obxectivo é mellorar a visibilidade e o posicionamento da Mariña, dos concellos e das empresas turísticas que integran esta comarca. A segunda edición será en Xove a mediados de decembro.
A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, explicou que “a raíz da crise provocada polo Covid-19, da forte necesidade de adaptarse ao mundo dixital e de ser un destino competitivo, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, ao abeiro do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e das accións propostas para a reactivación do sector, organizou este curso de formación, que tivo lugar os días 16, 17 e 18 de novembro en Foz e no que participaron un total de 16 profesionais do turismo do xeodestino. A formación de 15 horas de duración foi impartida por Cristina Collazo, especialista en márketing online e comunicación para o sector turístico e cultural, con máis de 15 anos de experiencia en márketing e comunicación turística e directora dunha empresa de turismo activo de Galicia”.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, contou que “o obxectivo deste curso é mellorar a visibilidade e o posicionamento do xeodestino, dos concellos e das empresas turísticas que o integran. Destinado ao persoal técnico dos concellos e ás pequenas e medianas empresas do sector turístico da comarca, os asistentes contarán cun acompañamento estratéxico por parte da formadora co que poder poñer en práctica o aprendido e así aplicar ditos coñecementos aos seus proxectos”.
Hermida sinalou que “durante o curso capacitouse aos alumnos para ter unha imaxe global das principias ferramentas de márketing e comercialización online, do seu uso e de como poden axudar a dar a coñecer ou mellorar a imaxe de marca dun proxecto. Traballouse nalgunhas destas ferramentas para ver utilidades prácticas e tamén ensinóuselles a utilizar ferramentas de redes sociais, posicionamento web, campañas de ads en redes sociais e Google adwords, campañas de email marketing, ferramentas específicas de turismo así como plataformas de comercialización. Tamén analítica de datos, para sacar rendemento deles e aproveitar mellor o traballo en márketing online”.
Cajoto dixo que “este curso abordouse dende unha perspectiva eminentemente práctica, configurando grupos de traballo entre os participantes, para abordar sobre casos prácticos da propia Mariña Lucense facendo uso das ferramentas que se explicaron e sendo capaces de elaborar, ao longo das tres xornadas do curso, un boceto dun plan de márketing e de accións de cada caso práctico, con definición de produto turístico, destinatarios, plataformas de difusión comunicativa, comercialización, análise de resultados, etc”.
Desde a Mancomunidade anuncian unha segunda edición deste curso para a vindeiro mes de decembro: “debido á boa acollida que tivo o curso e ás restricións de aforo existentes pola situación actual, que ocasionaron que non puidesen asistir a esta primeira edición en Foz todas as persoas pre-inscritas, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, neste caso co apoio do convenio asinado coa Deputación de Lugo, organizará unha segunda edición desta formación en Xove os días 14, 15 e 16 de decembro. Queremos así dar resposta a toda esa xente que non tivo praza na primeira edición en Foz e facilitar o desprazamento ás persoas da Mariña Occidental”.
Os profesionais do turismo que estean interesados en recibir información sobre esta segunda edición do curso Comunicación dixital, marketing e novas tecnoloxías para a promoción de destinos e empresas turísticas na era Covid-19, que terá lugar en Xove os días 14, 15 e 16 poden escribir ao correo turismo@amarinalucense.gal. As prazas son limitadas.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



