A Mariña, 13 de novembro de 2020. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense anima a participar á cidadanía no concurso posto en marcha dentro da iniciativa Cociñando A Mariña Lucense. O prazo de presentación das vídeo-receitas finaliza o próximo 22 de novembro. O ente leva a cabo este proxecto en colaboración coa FCAM e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.
A Mancomunidade lanzou este concurso de vídeo-receitas para o público xeral o pasado 23 de outubro, despois de ter dado a coñecer o traballo dos distintos produtores existentes no territorio nas súas redes sociais durante case un mes. Ademais, a próxima semana fará pública na web a Guía de Produtores da Mariña Lucense onde figuran os 154 que quixeron participar dos 243 identificados en toda a comarca.
Dende o pasado 22 de outubro tamén é posible inspirarse e aprender observando as propostas de elaboracións da hostalería local nas redes sociais de Turismo da Mancomunidade ou no canal de Youtube da entidade. Un total de 16 restaurantes accederon a participar e tamén colaborou o IES de Foz gravando con dous alumnos e unha profesora de Hostalería.
Desde a Mancomunidade explican que “o obxectivo desta iniciativa no seu conxunto, pasa por posicionar a comarca como un destino de turismo gastronómico e por poñer en valor aos produtores, aos produtos e á gastronomía local. Trátase dunha iniciativa novidosa coa que dar a coñecer os produtores e alimentos da comarca, onde a hostalería amosa algunhas das súas elaboracións con produtos locais a través de vídeo-receitas e onde se convida a participar á cidadanía nun concurso de receitas de gastronomía local mariñá”.
Deste xeito dende a Mancomunidade lembran que quedan tan só dous fins de semana nos que vestir o mandil e poñerse a cociñar e indican que “participar neste concurso é moi sinxelo. Só hai que gravar en vídeo unha receita elaborada con alimentos que se produzan na Mariña Lucense como ingredientes principais”. Conseguir produtos locais é sinxelo da man dalgún comercio ou produtor de proximidade e para a elaboración da vídeo-receita dende a Mancomunidade trasladan as seguintes recomendacións:
Preparar un pequeno guión por pasos en base á receita, para ter claro que gravar e cando.
Poñer a gravar o móbil en horizontal e ir filmando uns segundos de cada paso.
É posible usar vídeo e tamén fotografías, si se prefire.
Evitar na medida do posible os ruídos e conversas.
Pódese ir comentando os pasos coa voz de cada quen ou engadir algunha indicación no momento da montaxe.
Unir as imaxes ata conseguir un vídeo de entre 1 e 5 minutos, utilizando o programa de edición de vídeo do ordenador ou tablet ou algunha App gratuita para montalo.
Ademais, sempre se pode contar con axuda dalgún amigo ou familiar e facelo máis sinxelo.
Os premios do concurso buscan dar a coñecer e que os premiados poidan desfrutar dos recursos tan valiosos da comarca.
1º Premio: Fin de semana no Hotel Rías Altas de Barreiros para dúas persoas, para vivir unha experiencia de turismo slow.
2º Premio: Ruta da Faba de Lourenzá para dúas persoas. Trátase dunha experiencia turística completa que combina arte, natureza, gastronomía e cultura local.
3º Premio: Cesta de alimentos da Mariña Lucense para degustar no fogar das delicias desta comarca.
Pódense enviar as vídeo-recetas a cocinando@amarinalucense.gal ata o día 22 de novembro ás 00:00 pm, que será cando se peche o concurso. Poden consultarse as bases completas do concurso na web amarinalucenese.gal na sección do proxecto Cociñando A Mariña Lucense.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



