Lugo, 04 de novembro de 2020. A deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, presentou en Lugo as propostas en materia de sanidade que a fronte defenderá nos vindeiros no Parlamento de Galiza e no resto de institucións nas que ten presenza. Rodil defendeu a labor das profesionais da sanidade e afirmou que “a situación actual non é culpa das traballadoras e traballadores, senón de 11 anos de recortes por parte do Partido Popular”. Segundo Olalla Rodil, esta situación “deixou á sanidade pública sen recursos e obrigou ás profesionais da atención primaria a aumentar o seu traballo, ao teren que realizar labores de seguimento de casos ou rastrexo”.
A parlamentaria do BNG defendeu que “precisamos dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos 11 anos e defender a sanidade pública ante a falta de recursos que sofre actualmente”, ao que engadiu “recibir atención médica presencial a día de hoxe é unha misión imposíbel, estamos vendo como se crean xa listas de agarda para a atención telefónica e como se adían intervencións non urxentes para liberar os hospitais ante os repuntes da COVID”. “É o momento de garantir o dereito da veciñanza a unha sanidade pública e de calidade”, sentenciou Olalla Rodil.
O BNG propón garantir a atención primaria presencial a toda a poboación galega. “As persoas sen COVID seguen a sufrir patoloxías, e precisan de atención médica de calidade”, explicou Olalla Rodil. A proposta que o BNG defenderá inclúe destinar 200 millóns de euros de xeito inmediato para, segundo Rodil “blindar a atención primaria e garantir a que todas as persoas que o precisen poidan asistir a unha consulta médica”. O BNG pedirá tamén protocolos claros para finalizar coas discriminacións e desigualdades que se veñen detectando na atención nos últimos meses. Olalla Rodil defendeu que “a atención recibida ten que ser segura e de calidade, non ten que depender de a que centro de saúde ou con que profesional se atope unha persoa”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



