Madrid, a 13 de novembro de 2020. O Goberno confirma aos deputados do PP, Jaime De Olano e Joaquín García Díez, que tan só o 22,7% dos lucenses que solicitaron o IMV se beneficiarán desta axuda. De Olano, que ademais é o vicesecretario de Participación do Partido Popular, considera que se trata dun dato que non é menor e que amosa “la completa y absoluta incompetencia del Ejecutivo de Sánchez y que ha sumido en el caos el Gobierno de España”.
O popular fai esta valoración logo de comprobar na resposta recibida á pregunta formulada polo Grupo do PP que, das 4.578 solicitudes recibidas da provincia de Lugo, foron máis as denegadas (1.098, é dicir, o 23,9%) que as resoltas favorablemente (1.042, é dicir, o 22,7%). Á vista dos datos, o deputado lucense denuncia que, “los que presumían de estar al lado de las personas y de no dejar a nadie atrás, resulta que han dejado de lado y en la cuneta a casi al 80% de la población más vulnerable de Lugo”.
Jaime De Olano tamén critica a imprecisión na resposta. Proba delo é que na propia misiva o Executivo confirma que tampouco dispón dos datos de solicitantes por sexos, nin por municipios, así como que resulta imposible facilitar a información dos beneficiarios perceptores da Renda Mínima de Inserción.
Por tanto, para o popular resulta “intolerable no hacer llegar estas ayudas a los más desfavorecidos”, sobre todo, porque estamos nun momento no que o Ingreso Mínimo Vital se fai máis necesario ca nunca, como así o deixou claro a formación de Pablo Casado apoiando a súa posta en marcha.
Gabinete de Comunicación




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



