Foz, a 09 de novembro de 2020. A conservación do patrimonio inmobiliario público e privado é unha das obrigas dos gobernos municipais, que dispoñen de ferramentas e recursos de moi distinto tipo para materializar esta obriga. Máis aínda cando se trata de inmobles que teñen algún grado de protección no planeamento urbanístico. O grupo municipal do PP presentou un rogo no pasado pleno, para que o equipo de goberno busque solucións, cos propietarios, para o edificio do Asilo de Foz, que está sen actividade dende hai dous anos, dende que o anterior goberno municipal deu solución ao servizo de residencia e centro de día, creando unha nova construción á que se trasladaron os maiores e os traballadores.
O portavoz popular en Foz, Javier Castiñeira, sinala: “A partir de aí, está abandonado e son moitas as queixas dos veciños que pasan por alí, que comprobaban que o edificio non está coidado, nas condicións que merece. Se seguimos así é posible que a situación empeore moito”. Explica: “ Igual que no seu momento o anterior goberno deu solución a todos aqueles problemas económicos que tivo que solventar o asilo mentres non se sacaba adiante o novo servizo e financiou estas circunstancias, creou a nova residencia e centro de día, o actual goberno debe tratar de velar polo edificio”. Castiñeira lembra que “o anterior goberno aprobou tamén o Plan Xeral que protexe ese ben, que todos os focenses sabemos que é emblemático, quizá un dos máis importantes que ten o noso patrimonio e queremos que se conserve en bo estado”.
De manterse a actual situación de abandono, os populares cren que “en poucos anos o edificio vai ter moitos máis problemas”. Por elo, solicitan “ao goberno que se involucre máis; non estamos nada de acordo coa resposta que deu o alcalde, que veu a dicir que o Concello non ten nada que ver neste asunto porque se trata dun edificio privado. Claro que ten que ver; é un edificio singular, e o Concello sempre mediou para que esa institución saíse adiante e o edificio debe ser conservado”.
En síntese, “o PP pide ao alcalde que busque solucións; algunhas delas poderían ir encamiñadas a dar acollida a asociacións mediante un convenio que permitise manter o edificio en boas condicións mentres non haxa unha solución definitiva”.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



