Lugo, a 10 de novembro de 2020. O grupo provincial popular solicita ao presidente da Deputación que, canto antes, dea as instrucións oportunas para reparar o acceso á praia de Xilloi en O Vicedo. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “No día de hoxe visitamos a estrada provincial LU-P-6405 co alcalde do Vicedo, Jesús Novo; esta estrada da acceso a praia de Xilloi, que, como é sabido, leva moitos anos tendo bandeira azul e é unha das referencias turísticas do concello do Vicedo. Está en moi mal estado nun tramo largo, con fochancas de gran tamaño”.
Castiñeira di: “Esta estrada necesita unha reparación. Nestes últimos tempos estamos a ver que se amañaron vías provinciais que van as praias, pero queda este anaco aquí no Vicedo e pedimos ao presidente da Deputación que acometa as obras o antes posible. Hai que lembrar que o Concello do Vicedo foi galardoado hai pouco tempo cun premio turístico por parte da Deputación”.
Engade o portavoz popular: “Pedimos ao presidente da Deputación que canto antes acometa a reparación desta estrada porque é necesaria para manter ao concello do Vicedo como referencia turística da Mariña”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



