Será ás 16:45h na Casa da Cultura. A obra é apta para todos os públicos e, debido ás normas COVID, haberá unha limitación a 60 espectadores. Organiza: Concello de O Vicedo e Deputación de Lugo.

Iniciouse ás 15.30 horas deste martes e segundo as últimas estimacións, supera as 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 47 axentes, 64 brigadas, 68 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 8 avións.
Apenas uns minutos despois das 10 deste venres o 112 Galicia deu curso a unha chamada de alerta por accidente en Lourenzá. Tratábase dun camión que se saíu da vía e foi parar a un pequeno regato apenas sen auga. Sen embargo, o único condutor do vehículo quedou atrapado no interior e necesitou a axuda dos Bombeiros de Barreiros. Cando puido ser liberado, recibiu asistencia médica por parte dunha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazada no lugar dos feitos. Foi a chamada ao 112 dunha persoa particular o que permitiu activar o operativo. Os axentes de Garda Civil de Tráfico, os membros do GES da Pontenova e os voluntarios de Protección Civil da localidade sumáronse a bombeiros e sanitarios para unha áxil atención do ferido e para comprobar o bo estado do regato, libre de verteduras.
Este novo exemplar inclúe 340 páxinas con ata 13 artigos dedicados á figura feminina na comarca, poñendo en valor o seu papel ao longo da historia e na actualidade. O acto, que terá lugar ás 20:00 horas, contará coa participación Xosé Lois Armada, científico do Incipit CSIC; Hixinio Puente, escritor, investigador e cronista de Mañón; Isabel Vigo, técnica do Museo do Pobo Galego; e Xosé María Torres, directivo de Terras do Ortegal.
A medida tómase para evitar que as caravanas podan sufrir problemas de manobrabilidade en lugares como a boca da estación de autobuses. Os camións cos materiais necesitan ese espazo para acceder ao recinto feiral. Unha vez que se instalen as atraccións, o aparcamento será aberto ao público de novo. O Concello de Viveiro agradece a colaboración dos veciños e visitantes.
Disputárono R.C. Deportivo e Real Oviedo con vitoria galega por 2-1. Contou tamén coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Esta semana as crianzas sorprenderon cunhas fermosas manualidades mariñas. Traballaron con moita ilusión para crear estes snorkels tan orixinais, cheos de cor e detalles. A actividade non só fomentou a súa creatividade, senón tamén o traballo en equipo e a diversión nun ambiente seguro e educativo.
A Pomba do Arco organiza o xoves 14 de agosto ás 20:30 hora no Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñas, que recolle 75 traballos sobre a emigración da Mariña ao continente americano. Martín Fernández Vizoso achegará na súa intervención 13 investigación sobre emigrantes focegos en Arxentina Cuba ou Filipinas. As mesmas permiten reconstruír unha parte descoñecida da diáspora focega. Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital