Foz, a 23 de novembro de 2020. O portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, expresa a satisfacción dos populares deste municipio “porque nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2021 se recolle unha partida de máis de 2,5 millóns de euros para o inicio da construción da depuradora de augas residuais de Foz, na Granda de Forxán, entre Forxán e Fazouro”.
O portavoz municipal dos populares recorda que é “un traballo que iniciou o goberno local do PP, pactando esa nova ubicación e iniciando a tramitación”. Sinala que “avanzados os trámites administrativos, pendentes de permisos de diferentes organismos, entendemos que o compromiso da Xunta de Galicia é absoluto e total”.
Castiñeira sinala: “Con eses 2,5 millóns de euros entendemos que o ano 2021 debe ser o ano do inicio da depuradora, o que é moi boa noticia para Foz e para solucionar os problemas de depuración que ten esta localidade”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



