Ribadeo, 28 de decembro de 2020. A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofreceu o seu tradicional concerto de Nadal Aquí como en Viena en dúas sesións, onte e o sábado, no auditorio Hernán Naval con aforo reducido. A primeira foi para familiares dos membros da Banda e a segunda para o público en xeral, e ademais foi retransmitida en directo a través de facebook. En cada unha delas a formación dirixida por David Ballester actuou dividida en dous grupos: o que ofreceu a primeira parte dos concertos estaba formado por 25 músicos e o que interpretou a segunda tiña 27 compoñentes. Todas estas novidades respecto ás edicións anteriores deste evento musical ribadense estiveron motivadas polas restricións sanitarias como consecuencia da pandemia de Covid 19.
Os dous concertos foron iguais e desenvolvéronse seguindo unha historia, na que os protagonistas eran uns mozos e mozas de Ribadeo aos que lles gustaba tanto a música que decidiron formar unha banda, e foise narrando a traxectoria desa formación, dende o primeiro concerto ata a actualidade.
Nas dúas sesións de Aquí como en Viena a Banda de Ribadeo interpretou estes temas: Concierto para triángulo, con Daniel Antolín Balea como solista; My heart will go on; Rudolph the red nose reindeer; Happy; Feliz Navidad; Bohemian Rhapsody; La Virgen de la Macarena; All I want for Christmas is you; Feuerfest, con Miguel Méndez Díaz como solista; e Orfeo en los infiernos. E os bises, que foron dedicados aos que estiveron traballando nos momentos máis duros da pandemia, foron Danubio azul e Radetzky.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



