Lugo, 17 de decembro de 2020. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves co Secretario Xeral de Industrira e da PEME do Goberno de España e presidente da Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, Raúl Blanco, tres convenios de colaboración que permitirán á institución provincial contar cun investimento extra de máis de 4M€, procedentes de fondos europeos, para reforzar as políticas de emprego na provincia. O acto de firma, que se realizou de maneira telemática, contou tamén coa presenza do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e da directora xeral da Fundación EOI, Nieves Olivera.
Os proxectos promovidos por ambas institucións a través deste acordos contan cun orzamento de 4.112.207€, achegados nun 85,4% pola Escola de Organización Industrial a través do Fondo Social Europeo e o 14,1% pola Deputación de Lugo.
As accións están dirixidas a 775 pemes e autónomos, 250 parados de longa duración e 600 mozos e mozas, e o seu obxectivo é a reactivación e o apoio aos sectores e colectivos sociais máis afectados pola crise económica derivada da COVID-19.
O Presidente provincial explicou que, grazas a estes convenios “a Deputación poderá desenvolver na provincia plans para favorecer o mantemento do emprego e a creación de novas oportunidades laborais, sobre todo para os colectivos que peor o teñen para conseguilo. Un obxectivo, o mantemento e a creación de emprego, sempre fundamental, pero moito máis nestes tempos de crise provocada pola pandemia”.
Durante o encontro, o Presidente agradeceu a vontade e o traballo da EOI para poder materializar estes acordos e, desta forma, seguir a liña de colaboración que manteñen ambas institucións. Neste senso, lembrou que dende o ano 2013 a Deputación e a Escola de Organización Industrial desenvolveron xuntas distintos programas cofinanciados con fondos europeos. Foi o caso do plan Dinamízache, que permitiu fomentar a innovación e mellorar a competitividade das pemes da provincia, e tamén do LugoWork, que apostou por activar e reforzar a empregabilidade dos mozos e mozas.
Así mesmo, José Tomé subliñou que ante a crise da COVID-19 a Deputación de Lugo reforzou o seu compromiso co mantemento e a creación de emprego. Neste eido, apuntou que dos orzamentos aprobados para o ano 2021 dedícanse un terzo do total a Políticas Sociais, centradas en manter a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. En materia de emprego, os fondos propios elévanse a 5M€, e coa firma destes tres convenios coa Escola de Organización Industrial “contaremos cun financiamento extra de máis 4 M€, polo que vemos redobrada a nosa capacidade para desenvolver políticas de emprego”, subliñou o Presidente.
Dixitalización de pemes e autónomos
Un dos convenios asinados hoxe pola Deputación de Lugo e a EOI busca evitar que se agrande a fenda dixital e axudar a que o tecido produtivo aproveite as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías. “Con este acordo conseguiremos que, polo menos 775 pemes e autónomos da provincia de Lugo, diversifiquen e modernicen a organización da súa empresa, e tamén tecnoloxicamente”, asegurou Tomé Roca.
Formación de desempregados de longa duración
O Presidente avanzou que dentro do apoio aos colectivos vulnerables, a través do segundo convenio “formaremos a máis de 250 persoas desempregadas de longa duración en sectores con gran potencialidade de emprego na provincia, como son a atención sociosanitaria a dependentes e a renovación xeracional no sector vitivinícola, dado que a Ribeira Sacra, zona de viticultura heroica, sitúase na provincia de Lugo, e que ademais, o próximo ano aspira a ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.
Formación de Mozos
“É a nosa obrigación como Administracións ofrecer oportunidades aos mozos que non atopan emprego na súa terra para poder asentar o seu proxecto de vida. Así, co terceiro convenio, máis de 600 mozos participarán en programas de adaptación e fomento do emprego, podendo realizar prácticas non laborais en empresas da provincia, en especial, en entidades do terceiro sector”, explicou o mandatario provincial.
Cooperación entre administracións
Finamente, Tomé Roca remarcou a importancia de que as administracións locais incrementen a súa capacidade para presentar proxectos e para captar financiamento da Unión Europa, aproveitando e desenvolvendo todas as potencialidades do territorio. “Como Presidente da Deputación de Lugo gustaríame que a Xunta de Galicia tivese a mesma actitude de cooperación coas entidades locais que atopamos no Goberno do Estado”, afirmou.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



